Activity
A FUSIÓN NUCLEAR
As estrelas comezar a emitir luz e calor cando os átomos de hidróxeno comezan a unirse, a fusionarse, para dar helio. Cando remata o hidróxeno os átomos de helio fusiónanse para dar carbono e así sucesivamente xerando cada vez elementos máis pesados ata chegar ó ferro, que é o elemento máis estable.
Este proceso intenta replicarse na Terra como unha fonte de enerxía limpa, pero a tecnoloxía que se require é moi complexa.
No seguinte enlace podedes ver un video sobre o proxecto ITER para obter enerxía da fusión.
Exercicio de grupo: razoa en 10 linas por que cres que se escolleu o nome ITER para este proxecto. Podedes pedir axuda ó profesor de latín.