Rosalind Franklin
Rosalind Franklin naceu en 1920 en Londres no seo dunha afluente e moderna familia xudía.
Sempre foi unha nena moi lóxica i exacta que se negaba a aceptar afirmacións ou creencias sen evidencia.
Franklin estudiou química na Universidade de Cambridge, traballou nun laboratorio químico no parís da posguerra e en 1951 comezou a traballar para a universidade Kins College de londres xa como experta en cristalografía de raios X. a cristalografía emprega a difracción de raios X para determinar a estrutura tridimensional das moléculas.
Comezou a experimentar coa difracción de raios X para estudar a molécula de ADN e ó pouco tempo creou a icónica "Foto 51" xunto a Raymond Gosling, un estudante de doctorado que coilaboraba co seu departamento.
Anotou detalles que suxerían que a molécula de ADN constaba de dúas partes iguais e complementarias.
A xove científica nunca se levou ben con Maurice Wilkins, outro investigador da molécula do ADN. Estaba illada socialmente no laboratorio xa que non lle permitían acceder á sala común de café e descanso por ser muller. Ela, ás veces, tiña un carácter áspero.
O seu rival de departamento, Wilkins, compartiu con Watson ás agochadas os resultados da súa investigación. A "Foto 51" e os cálculos de Rosalind foron unha peza chave que lles permitiu a Watson e a Crick formular a súa hipótese sobre a estrutura do ADN, en dobre hélice.
Franklin morreu de cancro cinco anos despois, ós 37, sen saber ata que punto o traballo de Watson e Crick dependeu da súa investigación.
En 1962, Watson e Crick recibiron o premio Nobel de Medicina pola súa investigación sobre a molécula do ADN.
Flickr. CC BY-SA
ADDITIONAL INFORMATION IN ENGLISH
John Desmond Bernal, one of the United Kingdom's most well known and controversial scientist and pioneer in X-ray crystallography, spoke highly of Franklin around the time of her death in 1958. " As a scientist Miss Franklin was distinguisheed by extreme clarity and perfection in everything she undertook", he said. " Her photographs were among the most beautiful X-ray photographs of any substance ever taken. Their excellence was the fruit of extreme care in preparation and mounting of the specimens as well as in the taking of the photographs".