UNIDADE 6
INICIACIÓN AOS
DEPORTES
COLECTIVOS
Os deportes colectivos son aqueles nos que existe unha relación directa con outros compañeiros e tamén unha relación directa con adversarios, isto é, durante a acción do xogo cada deportista vai estar integrado dentro dun equipo no que hai compañeiros colaborando para acadar un obxectivo que é contrario ao doutro equipo que participa simultáneamente tentando evitalo para poder así acadar o seu.
Así pois, neste tipo de deportes os participantes compiten con compañeiros que axudan e con rivais que se opoñen en todos os lances do xogo.
Con estes dous factores presentes, é doado comprender que este tipo de deportes son moi lentos na súa aprendizaxe e evolución, debido á cantidade de variables que se poden presentar durante o xogo, que fan complicada a repetición das mesmas situacións nos procesos de aprendizaxe.
Esto é o que os convirte nunha excelente ferramenta educativa pois permite mellorar a atención selectiva, a concentración, a toma de decisións, o traballo en equipo, a asimilación de roles, a tolerancia, o respecto polas regras e os rivais, e multitude de aspectos máis que resultan de grande utilidade no mundo do deporte e máis aló, na vida cotiá.
Existen moitas modalidades diferentes, pero ao pertencer ao mesmo grupo de deportes todas teñen unha serie de características comúns que serán as que iremos vendo ao longo do tema, así que prepárate que comezamos.
OBXECTIVOS DA UNIDADE
Ao final do tema serás quen de:
Non te preocupes se non fuches quen de facer todo ben, ou incluso se non conseguiches ningún acerto, isto só era unha avaliación inicial, para coñecer o punto de partida.
Como poderás observar, aínda despois de ter visto as unidades previas sobre deportes individuais, de adversario e de equipo, aínda hai outros moitos deportes que non analizamos, e que serán os que tentaremos entender neste tema.
Son os chamados deportes colectivos, e posúen de característica principal que a súa estructura interna ten o formato dun xogo, onde hai diferentes variables que podemos controlar, pero sempre hai unha pequena marxe para un elemento que nos anteriores tipos de deportes era prácticamente inexistente: a sorte.
Tentaremos explicar as características comúns, e as diferencias, e ao finalizar xa non terás dúbidas sobre as actividades deste grupo.
Prepárate, que comezamos.
En todos os deportes colectivos é preciso atacar para sumar puntos, mais o tipo de accións e o xeito de levalas a cabo serán totalmente diferentes. Porén, existen unha serie de principios comúns a todos eles que debemos coñecer e practicar, pois serán exactamente iguais independentemente da actividade. Así pois, en canto á organización do ataque, todos os deportes colectivos teñen as seguintes pautas de actuación:
1. Conservar a posesión do móbil. (Manexo)
2. Avanzar co móbil cara a zona do rival. (Pase)
3. Finalizar o ataque con éxito. (Lanzamento)
En todos os deportes colectivos hai un obxecto que temos que manexar para tentar acadar o obxectivo. A adaptación, control e avance con el son o conxunto de situacións de debemos controlar neste apartado. En cada deporte será diferente, pois usaremos os pés, as mans, un utensilio etc., pero ser quen de dominar o móbil será o primeiro paso para evolucionar, de ahí a importancia deste apartado e o motivo polo cal está de primeiro no noso esquema.
É o elemento grazas ao cal podemos comunicarnos durante o xogo cos noso compañeiros. Debemos ser capaces de pasar e recibir con precisión e fluidez, pois mellorará moito a velocidade do xogo e permitirá acadar situacións de vantaxe con respecto aos rivais. Dependendo do deporte haberá diferentes tipos de pases e recepcións, pero en todos serán comúns os factores anteriormente citados: velocidade e precisión.
O xeito de acadar o obxectivo é mediante un lanzamento. Á forma de facelo e os diferentes tipos dependerá moito do móbil empregado e o deporte, máis tendo en conta que é a habilidade que permite puntuar, é sinxelo comprender que deberá contar con precisión, velocidade, e variabilidade en distancias e ritmos.
O último dos elementos comúns aos deportes colectivos é a defensa. Os tipos de defensa, os sistemas empregados e o xeito de aplicalos serán totalmente diferentes, máis en todos estes deportes haberá unha serie de pautas moi importantes e prácticamente iguais. Podemos resumilas en tres pasos que detallan ónde debemos poñer o acento das nosas accións defensivas. Así pois, cando non temos balón, o que tentaremos facer por este orde será:
1. Impedir o avance do móbil cara o noso campo.
2. Interceptar o móbil parándoo ou desviándoo.
2. Recuperar o móbil para ter a posesión.
A Colaboración
Nos deportes colectivos temos compañeiros sumando os seus esforzos aos nosos para colaborar nun obxectivo común. Ao igual que acontecía nos deportes de equipo, é importante entender que soamente conseguiremos acadar o éxito se a colaboración entre todos os membros do equipo é total.
O exemplo da foto é fútbol americano.
A oposición
Neste caso acontece o mesmo que acontecía nos deportes de adversario: durante a actividade hai enfronte alguén con intereses opostos, neste caso un equipo enteiro. O éxito final dependerá da organización dos equipos para superar este factor clave. O exemplo da foto é balonmán.
O móbil
Aparece neste tipo de deportes un elemento neutral que non ten propiedade e que será o elemento empregado para acadar as puntuacións que permitan gañar ou perder: A pelota. Posuíla será o punto de partida para diferenciar dúas situacións básicas, o ataque e a defensa. Na foto vemos un balón de voleibol e un de balonmán.
O árbitro
É un elemento máis da actividade, polo feito de que haberá un enfrontamento entre dous grupos con intereses opostos e durante as accións poden xurdir dúbidas ou discrepancias. O importante é entender que é preciso respectalo e asumir a súa labor como necesaria.
A sorte
É un elemento que aparece neste tipo de actividades polo feito de ter unha estructura de xogo con moitas variables e tamén por existir un elemento móbil e independente, a pelota, que en ocasións pode semellar un tanto caprichoso. De calquera xeito, o obxectivo do adestramento será minimizar a súa presenza.
A colaboración é unha característica que aparece en moitas actividades polo que non é algo exclusivo deste tipo de deportes, de feito, se fas un pouco de memoria, lembrarás, por exemplo, que era a principal peculiaridade dos deportes de equipo.
Nos deportes colectivos ten unha grande importancia por varios motivos:
Os deportes colectivos baséanse en enfrontamentos entre equipos, polo que dentro de cada un as claves serán as mesmas que as vistas no tema anterior.
Haberá situacións nas que a fortaleza do conxunto estea na compensación dos integrantes, de tal xeito que os participantes deberían estar equilibrados en canto a forza, velocidade, coordinación, entrega,... Mais tamén pode darse o caso de deportes nos que a clave estea na especialización de funcións, polo que haberá postos nos que será fundamental a fortaleza deses compoñentes.
De calquera xeito, os equipos que triunfan nestes deportes son aqueles que traballan como un conxunto, non os que funcionan pola suma de dous ou tres xogadores., por algo será.
Outro factor será o feito de que o equipo rival estará xogando contra nós, polo que debemos permanecer moi unidos en canto a comunicación, accións e obxectivos para poder gañarlles o xogo, do contrario, non poderemos superalos.
Ao longo da unidade iremos vendo máis aspectos importantes que farán que entendas mellor estes tipo de deportes.
O exemplo da foto é rugby.
Neste caso é a resistencia ao que outro grupo de persoas tenta facer. Debemos entender que, nestes deportes, o obxectivo do outro equipo é totalmente oposto ao noso, de xeito que se eles gañan nós perdemos, e viceversa, se nó gañamos eles perden.
É fundamental ter claro este concepto para entender que, en ocasións, aínda que pensemos que non somos quen de facer nada polo noso equipo aportando solucións, estaremos facendo moito, simplemente opoñéndonos aos rivais, molestando, impedindo avanzar, facéndolles ir máis lento, perder a pelota, desesperándose...
Isto é moi importante porque hai xente que non colabora ou participa nos xogos coa escusa de que non sabe, pero se quixera podrería moverse e participar porque entorpecer ao equipo rival é algo que todos podemos facer.
Colaborar para opoñerse, esa é a chave to traballo colectivo, non debemos soamente en construir...tamén é legal e forma parte do xogo destruir o traballo do rival, e para iso precisamos estar unidos, porque eles tamén o están, eso si...sempre respectando o regulamento e aos xogadores.
O exemplo da foto é indiaka.
Esta é a palabra que se utiliza técnicamente para falar da pelota. Os deportes colectivos teñen a característica de ter o formato dun xogo, no que dous grupos tentan conseguir puntos tratando de puntuar con este obxecto nalgun tipo de diana chamado portería, canastra, chan,...
Existen moitos tipos de móbiles, por iso empregamos esta palabra, xa que se faláramos de balón non sería válido para todos, e incluso pelota non serve porque nalgúns é un disco voador, unha indiaka etc.
O móbil pode ser de moitas maneiras: grande, pequeno, con bote, sen bote, redondo, ovalado,...o importante é que os xogadores dominen as técnicas que permitan manexalo. pasalo e lanzalo do xeito máis eficaz posible.
Tendo en conta que os xogo consiste en dous equipos enfrontados por un mesmo obxectivo, é doado comprender que no medio dos dous debe haber alguén que permañeza neutral e poida tomar decisións ou manexar a actividade de xeito neutral.
No ámbito educativo esa persoa é o profesor, que se encarga de controlar, xulgar ou dirixir o xogo cara onde lle interese segúns os seus fins educativos. No ámbito recreativo normalmente non existe ninguén, o cal resulta moi interesante e educativo, mais cando hai intereses polo medio e as competicións se profesionalizan, as disputas, enfrontamentos e discrepancias medran enormemente, polo que a figura do árbitro é esencial.
O importante é entender que sen el, o xogo non sería posible; que como toda persoa pode acertar ou equivocarse; e que ao ter unha función autoritaria, as súas decisións deben ser non só respectadas, se non aceptadas sen protestas e con respecto. Se non amosamos ese respecto, non estaremos tampouco respectando a un dos compoñentes do xogo, e polo tanto tampouco ao propio xogo nin ao deporte.
A sorte é un elemento que pode aparecer neste tipo de actividades por diversos motivos, un dos cales é o feito de ser xogos. Outros deses motivos poden ser a existencia de moita xente simultáneamente nun e noutro equipo, o feito de usar móbiles, a longa duración dos xogos, etc.
O importante neste punto é entender que o único que podemos facer é adestrar e practicar a maior cantidade de situacións posibles, para estar ben preparados e minimizar así a existencia dese factor no que non temos influencia ningunha.
Canto máis controlado estea todo e menos espazo deixemos para o azar, moito mellor preparados estaremos para o éxito, pero se por casualidade o resultado final dependeu dunha acción froito da sorte, debemos aceptalo con deportividade e non protestar nin enfadarnos.
Os xogos de pelota non son unha invención moderna. Moitas civilizacións antigas empregaron obxectos esféricos de un ou outro material para facer xogos que polas imaxes atopadas recordan moito a algúns deportes actuais.
Xogos e deportes existen moitos, moi divertidos e moi variados, mais algúns deles posúen certas características particulares que fan deles actividades especialmente interesantes no ámbito educativo. Imos ver o porqué.
Deportes de terreo compartido
Son aqueles nos que durante a acción de xogo, os dous equipos comparten espazo mesturándose por todo o terreo de xogo, se ben co fin de defender ou atacar unha zona do campo, os xogadores están distribuidos sempre con algunha intencionalidade. O exemplo da foto é o baloncesto.
Deportes de terreo dividido
Son aqueles nos que os equipos están separados en zonas diferentes do campo mentras se leva a cabo a acción de xogo, atopándose nunha posición enfrontada e divididos por unha rede. O exemplo da foto é o voleibol.
DEPORTES COLECTIVOS DE TERREO COMPARTIDO
Este tipo de situación de xogo é a máis común entre os deportes colectivos e é a que se produce cando os dous equipos poden mesturarse por todo o terreo de xogo co fin de ocupar as zonas que consideren oportunas para acadar os seus obxectivos. Certo é que, por cuestións estratéxicas, cada equipo ocupará unhas zonas máis ou menos fixas e distribuirá aos seus xogadores dun xeito determinado, pero esas posicións poderán mudarse durante o xogo.
Cómpre sinalar tamén dúas cuestións importantes:
- A primeira é que, co fin de facilitar o xogo, o regulamento en ocasións marca zonas prohibidas permanentes para algún xogadores (por exemplo a área en balonmán, que ningúen pode pisar salvo o porteiro) ou temporais (a zona de baloncesto para os atacantes, onde non poden estar máis de 3 segundos)
-A segunda é que nalgúns deportes haberá algúns xogadores que nalgunhas zonas do campo terán uns privilexios especiais que farán que poidan exercer de especialistas nesas posicións (por exemplo os porteiros nas áreas)
O exemplo da foto é o rugby.
DEPORTES COLECTIVOS DE TERREO DIVIDIDO
Son aqueles deportes nos que os dous equipos non mesturan aos seus xogadores polo terreo, se non que cada conxunto ten asignada unha metade do campo que non pode traspasar durante a acción de xogo.
Para iso existe unha rede que, por unha banda, delimita esas zonas, e por outra a altura mínima á que ten que pasar a pelota durante o partido.
Outra característica importante deste tipo de deportes é que, co fin de posibilitar a alternancia no xogo, cada equipo terá un límite de xestos para poder enviar o balón ao equipo rival e, ademáis, eses xestos deberán ser golpeos, o cal dificulta en gran medida o control e devolución da pelota.
É por iso polo que estes deportes teñen como características a necesidade dunha grande axilidade, velocidade xestual, control corporal e, por suposto, unha perfecta coordinación grupal.
O exemplo da foto é o voleibol paralímpico.
Deportes con tempo límite
Son a grande maioría, e caracterízanse porque a acción de xogo ten uha duración de tempo determinada, á final da cal cómpre observar o marcador para saber quen gañou o enfrontamento. O exemplo da foto é o netball.
Deportes con puntuación límite
Pertencen a este grupo os deportes nos que a finalización do xogo non ven determinada polo tempo transcorrido, se non por outro condicionante como son os puntos acadados. O exemplo da foto é o volei praia.
OS DEPORTES COLECTIVOS DE TEMPO LÍMITE
O rasgo característico é que a duración do enfrontamento está determinada previamente, pois cada deporte terá un tempo estipulado que será o que marque o inicio e o fin de cada partido. Porén non todos os deportes deste tipo teñen o mesmo sistema de control do tempo, podendo diferenciar:
1- Deportes nos que o tempo real de xogo é sempre o mesmo: Isto sucede porque o control do tempo é levado a cabo por uns especialistas encargados específicamente dese cometido, e por iso é moito máis preciso, de tal xeito que cada vez que durante o xogo hai unha interrupción por unha falta, por saída do balón fóra do campo, por unha lesión ou calqueira outra circunstancia, o cronómetro é detido e non é reanudado ata que o balón volve a ser xogado. É por iso polo que o tempo real de xogo é sempre o mesmo, pero as paradas fan que cada partido teña unha duración totalmente diferente. Este é o caso de deportes como o baloncesto, o hochey xeo,...
OS DEPORTES COLECTIVOS DE TEMPO LÍMITE
2. Deportes nos que o tempo real de xogo non é sempre o mesmo: Neste caso o control do tempo é levado a cabo polo propio árbitro do xogo, polo que a medición do mesmo é moito máis imprecisa. O cronómetro non se para dende o inicio ata que se cumple o tempo estipulado, polo que as paradas de xogo debido a faltas, lesións, fóras de banda etc. fan que o tempo real do enfrontamento poida variar enormemente. Para compensalo, o árbitro ten a facultade de engadir un tempo extra ao final segundo o seu criterio persoal. Isto é o que acontece, por exemplo, no fútbol.
OS DEPORTES COLECTIVOS DE TEMPO LÍMITE
Atendendo a outras cuestións relacionadas co tempo, cómpre sinalar tamén que nalgúns deportes, co fin de favorecer a vistosidade e a dinámica do xogo, existen limitacións temporais para evitar as perdas de tempo voluntarias. Así pois, no balonmán por exemplo, se os árbitros aprecian que o equipo atacante non lanza a portería nun tempo prudencial, pitarán pasividade e o equipo perderá a posesión do balón. No baloncesto, por exemplo, o equipo atacante ten 8 segundos para pasar do medio campo e 24 para facer un lanzamento ao aro.
Outra cuestión relacionada co tempo tamén é que algúns deportes permiten a interrupción voluntaria do xogo por parte dun equipo para que o adestrador dispoña duns instantes para dar unhas indicacións aos seus xogadores. Esta pausa chámase tempo morto, e o número varía segundo o deporte. Acontece en deportes como o waterpolo, o futbol sala, o baloncesto, etc.
Finalmente, indicar que algúns deportes teñen a posibilidade de privar temporalmente do xogo a algúns participantes no caso de que cometeran algunha infracción, podendo reincorporarse unha vez pasado ese tempo. Este é o caso de deportes como o waterpolo, o balonmán ou o hochey xeo.
OS DEPORTES COLECTIVOS SEN LÍMITE DE TEMPO
A diferencia dos explicados anteriormente, neste grupo non hai un tempo determinado para levar a cabo o enfrontamento entre os equipos, polo que a duración dos partidos pode ser moi variable. Se os equipos teñen un nivel moi dispar os enfrontamentos rematarán moi rápido pero, pola contra, se o nivel é moi igualado a contenda pode durar moito tempo.
Isto é debido a que a duración está determinada por outro tipo de factor que é a puntuación, aínda que non todos os deportes deste grupo empregan o mesmo sistema de anotación.
1. Deportes de puntuación límite: Nalgúns deportes como o volei praia o sistema de puntuación establece que os partidos deben xogarse ao mellor de 3 mangas (chamadas sets) en que cada unha o gañador debe acadar 25 puntos. Deste xeito nun partido igualado poden xogarse as tres mangas e cada una con marcadores apretados (25-23 por exemplo), pero pola contra noutro partido onde un equipo amose moita superioridade o marcador pode ser de só 2 sets a 0 e cada un con poucos puntos (25-4 por exemplo)
OS DEPORTES COLECTIVOS SEN LÍMITE DE TEMPO
2. Deportes de número de xogos limitado: Outros deportes empregan un sistema de anotación no que cada equipo debe completar unha serie de rondas nas que tentará acadar puntos. Ao final das mesmas o equipo que teña un total máis elevado será o que gañe e enfrontamento.
Este é o caso do béisbol, por exemplo, onde os equipos van alternando a súa condición de atacante nas diferentes mangas (chamadas entradas) ata completar un total de 9. No caso de rematar empatados a puntos, o partido continuaría con máis entradas ata que houbera desempate.
Este sistema permite, aínda que non haxa un tempo establecido, que todos os partidos teñan unha duración moi similar, pois é complicado que teñan que xogarse entradas extras ao rematar as ordinarias.
DEPORTES COLECTIVOS NOS QUE SE EMPREGAN AS MANS PARA O XOGO
Neles o uso das mans favorece moito o control do balón, polo que as accións son moi rápidas e espectaculares , os pases moi precisos e os lanzamentos acadan altos niveis de eficacia.
É por iso polo que nestes deportes os marcadores finais son relativamente altos, pois por moito que traballen as defensas, non é doado frear os ataques realiazados nesas condicións.
O exemplo da foto é o balonmán praia.
DEPORTES COLECTIVOS NOS QUE SE EMPREGAN OS PÉS PARA O XOGO
Neles, pola contra, o uso dos pés dificulta moito o control do balón, polo que as accións son máis imprecisas aínda que poden ser moi espectaculares. A porcentaxe de éxito tanto nos pases coma nos lanzamentos diminúe moito con respecto aos xogados coas mans.
Nestes deportes os marcadores son máis baixos, ao igualarse o nivel das accións entre o ataque e a defensa.
O exemplo da foto é o sepak takraw.
DEPORTES COLECTIVOS NOS QUE SE EMPREGAN TODO O CORPO PARA O XOGO
O emprego das mans favorece o control do balón, pero debido á agresividade das defensas, é preciso ser moi rápido na realizacións dos pases, moi preciso nas execucións, moi habilidoso nas recepcións e moi seguro na toma de decisións, porque se non será imposible acadar o éxito nas accións.
O uso das pernas non é tan frecuente como o das mans, empregándose só como un recurso alternativo para acadar pases a gran distancia ou en accións rápidas nas que non hai alternativa.
O exemplo da foto é o fútbol americano.
DEPORTES COLECTIVOS NOS QUE SE EMPREGA UN UTENSILIO
O uso dun utensilio fai que a precisión sexa menor que noutras modalidades deportivas debido, por unha parte, a que o control non se fai co propio corpo, pero tamén, a que o tamaño da pelota é moito menor. Os regulamentos son bastante estrictos no uso deste utensilio, debido á súa contundencia e perigosidade.
O exemplo da foto é o hóckey sobre herba.
Algúns deportes colectivos teñen regras moi permisivas no referido á defensa, polo que aparentemente semellan un tanto agresivos, porén, iso non é de todo certo.
O deporte é un fenómeno cultural e social a nivel mundial e, por iso, o seu coñecemento, achegamento e incluso práctica forma parte da cultura xeral que calquera persoa debería ter.
Dentro dese razoamento, podemos entender que este tipo de deportes, nos que grandes grupos de persoas colaboran para opoñerse a outros grandes grupos de persoas en presenza doutros grupos aínda máis grandes que actúan como espectadores, son fenómenos de masas que teñen unha transcendencia máis aló do mundo do deporte, convertíndose nun elemento con grande poder atractivo e polo tanto educativo.
É por iso polo que aspectos como a colaboración, a oposición, o sacrificio, o respecto, a unidade, o traballo, a aceptación das capacidades de cada un e incluso dos resultados son ideais para ser abordados mediante estos deportes, pois serán conceptos que deberemos dominar e empregar no futuro nas nosas vidas alén da nosa relación co deporte.
Lembra que nunca é tarde para aprender nin para probar, e que cantas máis actividades coñezas e practiques, mellor será a túa formación.
Dende aquí animámoste a que, agora que xa coñeces todo tipo de deportes, abras a túa mente e busques aquel que mellor se adapte a tí. Moita sorte.
Traballo de investigación
Agora que xa coñeces o que son os deportes colectivos, é o momento de que investigues un pouco sobre o tema, para coñecer cales son as modalidades que poderías practicar na túa vila.
O traballo que propoñemos a continuación é importante para a avaliación, polo que segue as pautas marcadas e trata de completar todos os apartados con responsabilidade e amosando a túa capacidade de razoar e relacionar os conceptos que aprendiches ao longo desta unidade.
Recorda que debes amosar a túa capacidade investigadora pero, sobre todo, a de relacionar os conceptos aprendidos coa realidade na que vives, así que ánimo, actúa con disciplina que nós sabemos que tes moito talento.
Así que xa sabes, traballa un pouco sobre o tema e amósanos o teu xogo limpo...
CRÉDITOS TEMA 6: INICIACIÓN AOS DEPORTES COLECTIVOS