1
Iniciación aos deportes de equipo
Unidade 5

UNIDADE 5
INICIACIÓN AOS DEPORTES
DE EQUIPO

Introdución

Os deportes de equipo, debido ás súas características, simbolizan claramente moitos dos valores que posúen o espírito educativo e deportivo.
Pero canto sabemos sobre eles?
Na maioría das ocasións non somos quen de identificar correctamente este tipo de actividades, así que antes de aprender os seus aspectos máis importantes imos avaliar os nosos coñecementos previos sobre o tema.
Boa sorte

Sesión práctica 5.1 Presentación e xogos de contacto
Preavaliación: Descubre a imaxe dun deporte de equipo
Preavaliación: Arrastra cada foto ao recadro que corresponda
Deportes de equipo
Outro tipo de deportes
Preavaliación: Arrastra cada foto ao recadro que corresponda
Deportes de equipo
Outro tipo de deportes
Preavaliación: Adiviña cal é a palabra segreda
6
5
4
3
2
1
a
b
c
d
e
f
g
h
i
j
k
l
m
n
ñ
o
p
q
r
s
t
u
v
w
x
y
z
ç
Cumprimento das obrigas ou coidado ao facer ou decidir algo
________________
Preavaliación: Adiviña cal é a palabra segreda
6
5
4
3
2
1
a
b
c
d
e
f
g
h
i
j
k
l
m
n
ñ
o
p
q
r
s
t
u
v
w
x
y
z
ç
Proceso mediante o cal dúas ou máis persoas conseguen transmitir e recibir información.
____________
Reflexión sobre a preavaliación

Seguramente cometiches algún erro, se non foi así, noraboa.
De calquera xeito seguro que unha vez levada a cabo esta unidade, aprenderemos moito máis sobre este interesante tipo de deportes e poderemos valorar moito mellor a importancia que teñen, sobre todo no ámbito educativo.

Comezaremos a unidade explicando cales son os factores que permiten mellorar neste tipo de actividades, aprenderemos aspectos básicos comúns a todos os deportes de equipo, descubriremos que teñen en común este tipo de deportes con algunhas actividades da vida cotiá, veremos os tipos de deportes de equipo que existen e, finalmente, entenderemos o porqué da súa importancia no contorno educativo e nas nosas vidas.



Sesión práctica 5.2 Xogos de confianza
Conceptos I: Elementos clave para o éxito nun deporte de equipo
Pica nas fotos para ampliar a información
Relaciona os seguintes textos sobre valores precisos para o traballo en equipo
Responde as seguintes preguntas relacionadas cos conceptos aprendidos
Aceptar un compromiso como asegurar e un escalador, que concepto implica?
No caso de ser o escalador, que demostramos cando poñemos a nosa integridade nas mans do compañeiro que nos asegura?
Cando facemos un negocio nunha empresa e finalizamos o trato estreitando as mans, que estamos simbolizando?
Cando un equipo traballa, adestra, compite e supera adversidades conxuntamente, que consigue?
Escolle en cales destas situacións amosamos cooperación
Escolle en cales destas situacións amosamos comunicación
Sesión práctica 5.3 Xogos cooperativos
Conceptos II: Características básicas dos deportes de equipo
  • COLABORACIÓN


    Colaboración: Nos deportes de equipo sempre haberá un ou máis compañeiros que estarán sumando os seus esforzos aos nosos para colaborar nun obxectivo común. É importante entender que soamente conseguiremos acadar o éxito se a colaboración entre todos os membros do equipo é total, de tal xeito que se algún integrante do equipo falla, o conxunto non logrará o obxectivo.

    O exemplo da foto é o bobsleigh




  • NON OPOSICIÓN


    Non oposición: Un aspecto fundamental para clasificar a este tipo de deportes é que durante a participación do equipo non pode haber oposición directa doutro equipo, é dicir, aínda que haxa outros equipos participando simultaneamente, as súas accións non poderán interferir nas do primeiro. É por iso polo que neste tipo de deportes nunca haberá balóns ou outro tipo de móbiles que os participantes deban disputar.

    O exemplo da foto é k2 de piragüismo


  • PARTICIPACIÓN ACTIVA


    Participación activa: Resulta imprescindible que durante a actuación do equipo todos os membros amosen unha participación activa, ata tal punto que nalgúns casos é un requisito sine qua non. Isto é doado de observar nos deportes nos que a participación dos integrantes é simultánea e máis aínda cando é sincronizada.

    O exemplo da foto é natación sincronizada




  • ROLES


    Roles: O rol é o papel que desempeña un integrante dun equipo e, sobre todo nalgúns deportes, estas funcións están perfectamente marcadas. Non todos os individuos teñen por que realizar as mesmas cousas e a especialización segundo as características físicas e técnicas é fundamental. O importante é que as pezas dese engranaxe funcionen axeitadamente.

    O exemplo da foto é acrosport




Colaboración: Nos deportes de equipo sempre haberá un ou máis compañeiros que estarán sumando os seus esforzos aos nosos para colaborar nun obxectivo común. É importante entender que soamente conseguiremos acadar o éxito se a colaboración entre todos os membros do equipo é total, de tal xeito que se algún integrante do equipo falla, o conxunto non logrará o obxectivo.

O exemplo da foto é o bobsleigh




Pica nas pestanas para ter máis información
Conceptos II: A colaboración


A colaboración é unha característica que aparece en moitas actividades polo que non é algo exclusivo deste tipo de deportes, porén é neste grupo onde cobra, se cabe, maior importancia.
O motivo reside na natureza das propias modalidades que compoñen este tipo de deportes:
Nalgúns deles, o éxito depende dunha valoración dun xurado en base á coordinación do grupo nas súas accións e movementos. A fortaleza do conxunto está, polo tanto, na sincronización dos integrantes, de xeito que os participantes deben estar equilibrados en canto a forza, velocidade, flexibilidade, virtuosismo, plasticidade...
Noutros, o resultado final depende da suma total dos esforzos dos participantes, polo que a especialización de funcións é un recurso moi empregado, e a chave do éxito radica na diversificación e fortaleza de cada un deses compoñentes.
En moitas ocasións non son, se quera, de tipo competitivo, como acontece nos deportes no contorno natural, mais o único xeito de superar as dificultades e os atrancos é por medio da unión do grupo e a suma dos esforzos. Todos os integrantes son iguais de importantes, xa que a fortaleza do grupo ven dada polo participante máis feble.
O exemplo da foto son os "Castells"





Conceptos II: A non oposición

Entendemos como Non oposición ao feito de que no momento de participación do equipo, ningún outro conxunto está tentando estragar o éxito do primeiro.

Pode haber participación separada dos conxuntos ou simultánea, e nese último caso pode ser con espacios de participación diferenciados (como no remo) ou con espacios comúns (como na vela).

De calquera xeito, o regulamento especifica claramente as condicións que deben darse para que as accións duns equipos non interfiran sobre os outros, de tal forma que as condicións sexan o máis similares posibles a unha participación por separado.

Se algún membro de algún conxunto infrinxe as normas, todo o conxunto resulta perxudicado.
O exemplo da foto é vela cruceiro


Conceptos II: A participación activa

Se nos fixamos na imaxe, resulta doado de comprender que nunha cadea, non importa o grosor ou o tamaño dalgúns dos seus elos, pois a resistencia da cadea virá marcada pola resistencia do máis feble, de tal xeito que para que o conxunto sexa consistente, o máis aconsellable é que todos sexan de similares características, pois de nada valerán os que estean moi por enriba da media do grupo xa que os demáis non poderán adaptarse ao seu nivel.

Tendo en conta isto, resulta obvio que todos os participantes deben esforzarse ao máximo, para evitar convertirse no elo máis feble que faga fracasar o traballo conxunto.



Conceptos II: Os roles

Se compararamos un equipo cun motor ou un reloxo, é doado comprender que para que funcione axeitadamente a máquina é preciso que todas e cada unha das pezas realicen correctamente o seu traballo. Cada unha terá o seu cometido, cada unha terá un tamaño, unha forma, unhas características...pero nada funciona se algunha falla.

É por iso polo que resulta fundamental comprender que ninguén é máis importante que outro, que cada un ten a súa función nun equipo, e que o éxito só se acadará cando todos aporten o seu mellor traballo. Nese punto é onde nacen os roles.

O rol é a función que desempeña cada integrante dentro do equipo. Segundo a experiencia, as características físicas, técnicas ou psicolóxicas, cada deportista deberá cumplir un cometido que será tan importante como o dos compañeiros, xa que de non facelo, o éxito será imposible.

Nalgúns deportes este rol é moi evidente, xa que os practicantes realizan actividades totalmente distintas. Noutros ese rol non resulta tan claro, pois, aparentemente, todos realizan un traballo moi similar.
O exemplo da foto é patinaxe artística



Une os seguintes textos relativos ás características dos deportes de equipo
Un rol é a función que
depende do máis feble
A fortaleza dun grupo
deixarse gañar
Non oposición non é
aportar o mellor de ti
A colaboración precisa
traballa co mesmo fin
Equipo é un grupo que
realiza cada persoa
Identifica que texto corresponde con cada palabra
Colaboración
Non oposiciòn
Como definimos ao feito de participar nunha carreira por rúas separadas
Participar de xeito unido cooperando é
Característica común aos deportes de equipo e colectivos
Traballar de xeito conxunto buscando un mesmo obxectivo é
A característica de participar sen perxudicar a outros equipos é
Característica común aos deportes individuais e de equipo
Identifica que texto corresponde con cada palabra
Rol
Participación activa
Papel que leva a cabo un integrante dun equipo
Traballo que debe realizar un competidor para gañar
Nun equipo se estamos comprometidos debemos amosar
O que amosamos cando nos esforzamos ao máximo
Función que desempeña un integrante dun equipo
Diferenza entre un áxil e un portor en acrosport
Vídeo E.1 Os xogos cooperativos

Os xogos cooperativos baséanse en actividades didácticas en grupos reducidos nas que os participantes traballan todos xuntos para aportar o mellor de cada un e dos demáis.


Marca a resposta correcta sobre os xogos cooperativos
Cal é a característica esencial dos xogos cooperativos?
Marca a resposta correcta sobre os xogos cooperativos
De que época é o concepto de xogos cooperativos?
Marca as respostas correctas sobre os xogos cooperativos
Cales das seguintes son características dos xogos cooperativos?
Marca as respostas correctas sobre os xogos cooperativos
Por que é interesante traballar xogos cooperativos na clase de educación física?
Marca a resposta correcta sobre os xogos cooperativos
Cal dos seguintres xogos é un xogo cooperativo?
Sesión práctica 5.4 Os deportes de equipo sincronizados
Conceptos III: Mapa conceptual sobre os deportes de equipo
Deportes equipo
sincronizados
valoración
con música
natación sincronizada
sen música
saltos de trampolín
medición
piragüismo
simultáneos
medición
vela cruceiro
act. non competitivas
montañismo
alternos
repetición
remudas atletismo
variación
raids aventura
Vídeo E.2 O Acrosport

Un deporte moi interesante para practicar nas clases de Educación Física é o acrosport.
Non o coñeces? Pois entón este video pode resultarche moi interesante...xa verás.

Marca a resposta correcta sobre o video de acrosport
Que significa a palabra grega "akrobatos"?
Marca a resposta correcta sobre o video de acrosport
Que cultura foi a que máis aportou na evolución do circo dende a súa orixe?
Marca as respostas correctas sobre o video de acrosport
Cales son as tres manifestacións artísticas e culturais que existen hoxe en día en relación á acrobacia?
Marca a resposta correcta sobre o video de acrosport
De onde é orixinaria a animación deportiva?
Marca as respostas correctas sobre o video de acrosport
Cales das seguintes son modalidades oficiais do acrosport de competición?
Une os seguintes texto relativos á ximnasia acrobática
O acrosport educativo
é parte da ximnasia
O acrosport deportivo
mellora a creatividade
O circo acrobático
son Patrimonio Mundial
Os castells
foi moi popular
A acrobacia en Exipto
evolucionou en China
Sesión práctica 5.5 Deportes de equipo simultáneos
Conceptos III: Tipos de deportes de equipo
  • Sincro. e valoración


    Deportes de equipo de participación sincronizada e valoración:

    Este grupo de deportes posúe dous rasgos moi característicos, que fan que resulten moi doados de recoñecer.

    Por un lado está a participación sincronizada, o que quere dicir que todos os integrantes do equipo participan ao mesmo tempo realizando actividades moi similares. Nalgúns casos poden realizar figuras ou transicións diferentes, pero todos eles deberán estar perfectamente coordinados cos dos compañeiros e cun elemento sincronizador que tamén deben ter moi en conta: a música.

    Noutros casos non hai música, e o ritmo ven marcado polo tempo empregado na realización das accións.

    Por outra banda, está o feito de que o resultado final é medido por un xurado que valorara a dificultade das accións, o cumprimento dos requisitos regulamentarios e a coordinación entre os integrantes do conxunto. Desa valoración depende o éxito da competición.

    O exemplo da foto é saltos de trampolín




  • Sincro. e medición


    Deportes de equipo de participación sincronizada e medición:

    Neste caso todos os integrantes do equipo participan ao mesmo tempo, realizando unha actividade de xeito coordinado, para tentar optimizar o rendemento, mais esa sincronía nunca vai ter un fondo musical. O elemento que marca ese ritmo será sempre o tempo, o mesmo que marcará o éxito no resultado final, pois para determinar o gañador, o que se fai é medir a velocidade coa que se levou a cabo a participación. Dentro do grupo, todos realizan unha función moi similar, con pequenos axustes dependendo da posición que ocupen no grupo.

    O exemplo da foto é unha carreira contrarreloxo por equipos en ciclismo.


  • Simultánea medición


    Deportes de equipo de participación simultánea e medición:

    Neste caso, o resultado final é a suma dos traballos e os esforzos levados a cabo por cada un dos integrantes de xeito individual, pois cada participante realiza unha función diferente na cal é especialista.

    O éxito nestes casos depende do completo que sexa un equipo, pois non importa nin que haxa individuos moi destacados nin de que todos sexan moi similares: o resultado estará condicionado pola suma das actuacións de todos eles.

    Por poñer un símil, un equipo deste tipo sería como unha caixa de ferramentas: cantas máis variadas sexan máis posibilidades haberá de solucionar calquera avería. De nada vale un martelo moi contundente ou dez chaves moi precisas, se o que fai falla é un desparafusador.

    O resultado final tamén é medido en tempo, aínda que en ocasións só sexa preciso coñecer a posición.

    O exemplo da foto é vela cruceiro.




  • Sim. non competitivo


    Deportes de equipo de participación simultánea non competitivos:

    Aínda que pode haber competicións deste tipo de deportes, o rasgo principal deles é que, por levarse a cabo no contorno natural, o importante sexa superar as adversidades e vencer de xeito conxunto ao medio.

    O traballo en equipo é esencial, pois mentres que noutras deportes unha boa coordinación marca a diferencia entre o triunfo e a derrota, neste tipo de actividades, pode marcar a diferencia entre a vida e a morte. Valores como a responsabilidade, a confianza e a comunicación son de vital importancia.

    No exemplo da foto vemos a dous escaladores en xeo.


  • Alterno e repetición


    Deportes de participación alterna e repetición:

    Clasificamos aquí aos deportes de equipo nos que os competidores participan de xeito alterno sumando os seus esforzos, polo que de haber integrantes máis dotados sempre repercutirán no resultado final do grupo. A actividade que realizan é a mesma, repetindo un detrás doutro o traballo. O éxito mídese pola velocidade na que os equipos tardan en completalo, o cal é contabilizado en tempo e posicións. Aínda que non o pareza, a estratexia na orde de intervención dos competidores é fundamental, polo que é un aspecto moi a ter en conta para lograr o éxito.

    O exemplo da foto é unha carreira de remudas de atletismo






  • Alterno e variación


    Deportes de participación alterna e variación:

    Neste caso, os competidores participan de xeito alterno pero as actividades que realizan son diferentes. É por iso polo que os deportistas son especialistas na súa actividade, pois a suma dos tempos de cada un será o que determine o resultado final. É moi importante, polo tanto a implicación, a motivación e a calidade individual, mais non son tan importantes como noutros deportes aspectos como a cooperación, a comunicación ou a confianza.

    A estratexia perde importancia pois a orde de intervención ven marcada, habitualmente, polo regulamento.

    O exemplo da foto é unha proba de remudas de natación de 4x100 m estilos.




Deportes de equipo de participación sincronizada e valoración:

Este grupo de deportes posúe dous rasgos moi característicos, que fan que resulten moi doados de recoñecer.

Por un lado está a participación sincronizada, o que quere dicir que todos os integrantes do equipo participan ao mesmo tempo realizando actividades moi similares. Nalgúns casos poden realizar figuras ou transicións diferentes, pero todos eles deberán estar perfectamente coordinados cos dos compañeiros e cun elemento sincronizador que tamén deben ter moi en conta: a música.

Noutros casos non hai música, e o ritmo ven marcado polo tempo empregado na realización das accións.

Por outra banda, está o feito de que o resultado final é medido por un xurado que valorara a dificultade das accións, o cumprimento dos requisitos regulamentarios e a coordinación entre os integrantes do conxunto. Desa valoración depende o éxito da competición.

O exemplo da foto é saltos de trampolín




Preme nos recadros para ver outros tipos
Une os textos relacionados cos tipos de deportes de equipo.
Algúns sincronizados
son coordinados
Todos os sincronizados
teñen música
Algúns simultáneos
teñen unión
Todos os simultáneos
non son competitivos
Algúns alternos
son de variación
Une con frechas os seguintes textos referidos aos tipos de deportes de equipo
Completa o recadro coa palabra correcta
Saltos de trampolín por parellas son de valoración
Vela en 470 (dous tripulantes) éde medición
Remudas de natación 4X100 estilos son de variación
Remuda de patinaxe en xeo éde repetición
Patinaxe artística en parella éde valoración
Remo de 4 sen timonel éde medición
Liga os deportes que perteñezan ao mesmo grupo
Sincronizados
Simultáneos
Alternos
Sesión práctica 5.6 Deportes de equipo consecutivos
Vídeo E.3 As actividades no medio natural

A natureza é o mellor escenario para afrontar desafíos, e para iso o traballo en equipo resulta esencial. A continuación veremos a importancia deste tipo de actividades e aprenderemos algo sobre elas.

Marca a resposta correcta sobre o video de activiades no medio natural
Por que as actividades no medio natural resultan o exemplo perfecto de traballo de cooperación?
Marca a resposta correcta sobre o video de actividades no medio natural
Que debemos ter en conta sempre que facemos unha saída para practicar actividades na natureza?
Marca as respostas correctas sobre o video de actividades no medio natural
Cales das seguintes palabras son valores que traballamos nas actividades na natureza?
Marca a resposta correcta sobre o video de actividades no medio natural
Cando pasaron de ter un fin utilitario a un fin recreativo as actividades no medio natural?
Marca a resposta correcta sobre o video de actividades no medio natural
Por que podemos considerar que unha ampla oferta de actividades no medio natural dunha vila son un bó barómetro do desenvolvemento do lugar?
Marca a resposta correcta sobre o video de actividades no medio natural
Quen creou o movemento "scout" para educar aos mozos na natureza?
Sesión práctica 5.7 Desafíos cooperativos
Valor educativo do tema

Agora que xa aprendimos o fundamental sobre este tipo de deportes, podemos entender a importancia da súa práctica no contexto educativo, como un medio para mellorar no ámbito social e afectivo.

O deporte é un xogo que pode prepararnos para situacións que poidan acontecer nun futuro nas nosas vidas, polo que levar a cabo este tipo de prácticas mellorarán a nosa capacidade de adaptación e resolución de problemas.

Como puidemos comprobar existen diversos tipos de deportes de equipo, e un gran número de modalidades de todos eles. Cada un pode axudarnos a desenvolver un aspecto vital da nosa educación, pois os valores que traballan son fundamentais máis aló do mundo do deporte.
É por iso polo que coñecelos, probalos e desfrutalos son os primeiros pasos para aprender e mellorar a nivel práctico e social.

Estas actividades poden axudarnos a desenvolver a nosa autoestima, capacidade de sacrificio, o compromiso, a empatía e un sinfín de aspectos imprescindibles no presente e no futuro.

Así que xa sabes, anímate e próbaos.

Completa os seguintes textos coas palabras dos recadros
Os deportes de equipo melloran ade adaptación
Os valores destes deportes sonmáis aló do deporte
Melloraremos a nosa porque acadaremos obxectivos
O traballo en equipo implicaentre todos os xogadores
Existen moitasdeportivas de equipo
O deporte é coma unque nos prepara para a vida
Traballo de investigación sobre deportes de equipo

Traballo de investigación

Agora que xa coñeces o que son os deportes de equipo, é o momento de que investigues un pouco sobre o tema, para coñecer cales son as modalidades que poderías practicar na túa vila.
O traballo que propoñemos a continuación é importante para a avaliación, polo que segue as pautas marcadas e trata de completar todos os apartados con responsabilidade e amosando a túa capacidade de razoar e relacionar os conceptos que aprendiches ao longo desta unidade.

  • Elabora un listado de deportes e actividades de equipo que se practican na túa vila.
  • Explica en que consiste cada unha desas actividades, para poder entender cal é esa oferta deportiva que tes.
  • Escolle un ou dous deses deportes e xustifícao en base aos teus gustos, afeccións, intereses, motivacións,…
  • Agora imaxina que comezas a practicalos. Argumenta cales son os beneficios que poderían aportarche, tanto no aspecto físico como no educativo e emocional.
  • Recorda que debes amosar a túa capacidade investigadora pero, sobre todo, a de relacionar os conceptos aprendidos coa realidade na que vives, así que ánimo, actúa con disciplina que nós sabemos que tes moito talento.
    Así que xa sabes, traballa un pouco sobre o tema e amósanos o teu espírito de equipo.

    Sesión práctica 5.8 Avaliación
    Avaliación: Verifica o que levas aprendido
    Os deportes de equipo
    claro o obxectivo
    Nun equipo todos
    realizar o noso rol
    Colaborar implica
    son cooperativos
    A chave do éxito é
    a confianza no equipo
    O importante é ter
    somos importantes
    Une os textos para completar as afirmacións
    Avaliación: Clasifica os seguintes textos
    Participación simultánea
    Participación sincronizada
    Poden realizarse con música
    Poden ser non competitivos
    Debe haber equilibrio e armonía entre todos
    O fundamental é que os particpantes se complementen
    O éxito mídese por unha puntuación
    O importante é a suma dos esforzos
    Arrastra os paneis a onde corresponda
    Avaliación: Sinala a resposta correcta
    Que caracteriza aos deportes de equipo de participación simultánea de medición?
    Escolle a resposta correcta
    Avaliación: Sinala a resposta correcta
    Que caracteriza aos deportes de equipo de participación simultánea non competitivos?
    Escolle a resposta correcta
    Avaliación: Sinala as respostas correctas
    Que caracteriza aos deportes de equipo de participación sincronizada e valoración?
    Escolle a resposta correcta
    Avaliación: Sinala as respostas correctas
    Que caracteriza aos deportes de equipo de participación sincronizada e medición?
    Escolle a resposta correcta
    Avaliación: Sinala as respostas correctas
    Que caracteriza os deportes de equipo de participación alterna ou secuencial?
    Escolle a resposta correcta
    Avaliación: clasifica no grupo que corresponda
    D. Eq. simultáneos
    D. Eq. sincronizados de actuación
    D. Eq. alternos
    D. Eq. sincronizados de medición
    Remudas
    Vela cruceiro
    Remo
    Trampolín en parellas
    Piragüismo K4
    X. Rítmica conxunto
    Avaliación: Escolle a resposta correcta referida oas xogos cooperativos
    Cal das seguintes afirmacións é a correcta?
    Avaliación: Liga con frechas as seguintes afirmacións sobre os xogos cooperativos
    Avaliación: identifica os seguintes deportes de equipo
    Natación sincronizada
    Acrosport
    Raid aventura
    Barranquismo
    Piragüismo
    Arrastra a etiqueta cara a foto correspondente
    Avaliación: Completa os recadros
    1
    2
    3
    4
    5
    6
    1. A patinaxe en grupo é un deporte de equipo de participación...con música
    2. Os raids de aventura son carreiras nas que os participantes poden facer remudas con...de actividades
    3. A vela cruceiro pode clasificarse como deporte de equipo de participación...
    4. As remudas de atletismo caracterízanse pola...da mesma actividade
    5. Na natación sincronizada o elemento unificador é a...
    6. O montañismo é unha actividade de aventura onde o equipo é esencial, aínda que non teña carácter...

    CRÉDITOS TEMA 5: INICIACIÓN AOS DEPORTES DE EQUIPO