1
Iniciación aos deportes individuais
Unidade 3
PORTADA

UNIDADE 3

INICIACIÓN AOS DEPORTES
INDIVIDUAIS

Introdución

Os deportes individuais ou deportes psicomotores, son aqueles nos que o deportista leva a cabo a súa actividade en solitario, é dicir, sen que exista ningún outro participante que incida de xeito determinante na súa actuación.
Este tipo de deportes, polo tanto, teñen a característica de levarse a cabo sen compañeiros que axuden ao deportista durante a súa acción, pero tamén sen rivais directos que interveñan para impedir a súa execución.
Tendo en conta estes factores, poderíamos dicir que estes deportes son os máis básicos e elementais, posto que o practicante non precisa de ningún tipo de interacción con outros deportistas. Este feito é o que permite que estes deportes sexan moi axeitados para practicar en idades temperás, pois melloran o desenvolvemento das habilidades básicas, das calidades motrices e das capacidades físicas, ao centrar os seus obxectivos en aspectos da propia actividade sen ter en conta a intervención doutras persoas que poidan dificultar a consecución deses obxectivos.

OBXECTIVOS DA UNIDADE

Ao final do tema serás quen de:

  • Coñecer as características básicas dos deportes individuais.
  • Recoñecer os diferentes tipos de deportes individuais.
  • Identificar os valores persoais que se melloran mediante o traballo dos deportes individuais.
  • Experimentar actividades con características similares a diferentes deportes individuais.
  • Practicar habilidades específicas de diferentes tipos de deportes individuais.
  • Mellorar as calidades motrices mediante habilidades propias de deportes individuais.

  • Sesión práctica 3.1
    Preavaliación: Descubre un deporte individual de participación simultánea
    Preavaliación: Busca na sopa de letras deportes individuais
    Barra, chan ou paralelas son modalidades
    Deporte de piscina
    Deporte rei
    Cama elástica e tumbling son modalidades
    Ten variantes sobre xeo e rodas
    Deporte de inverno
    Combinación de varios deportes
    Pode ser de augas bravas ou tranquilas
    Preavaliación: Arrastra cada foto ao recadro que corresponda
    Deportes individuais
    Outro tipo de deportes
    Preavaliación: Arrastra cada foto ao recadro que corresponda
    Deportes individuais
    Outro tipo de deportes
    Adiviña cal é a palabra segreda
    6
    5
    4
    3
    2
    1
    a
    b
    c
    d
    e
    f
    g
    h
    i
    j
    k
    l
    m
    n
    ñ
    o
    p
    q
    r
    s
    t
    u
    v
    w
    x
    y
    z
    ç
    Relativo á forma de pensar da persoa, e nón ao obxecto en sí mesmo. Tipo de criterio empregado nunha valoración
    __________
    Adiviña cal é a palabra segreda
    6
    5
    4
    3
    2
    1
    a
    b
    c
    d
    e
    f
    g
    h
    i
    j
    k
    l
    m
    n
    ñ
    o
    p
    q
    r
    s
    t
    u
    v
    w
    x
    y
    z
    ç
    Tipo de deporte ou actividade na que predomina o factor físico por enriba do técnico ou expresivo
    ___________
    Reflexión sobre a preavaliación

    Non desesperes se non fuches quen de acertar todas as preguntas, é moi habitual confundir algúns tipos de deportes cando non temos os criterios moi claros. Se non foi así e conseguiches un pleno, noraboa!

    Aínda así, seguro que tiveches algunha dúbida ou, polo menos, non estabas certo de todo. Ao longo desta unidade tentaremos deixar clara a clasificación deste tipo de deportes, para que no sucesivo non teñas problema algún cando falen de calquera, incluso dos que non oíras nada anteriormente.

    Poderás ver fotos, vídeos e explicacións que farán que este proceso de aprendizaxe resulte entretido e motivante e, sobre todo, permitirán que poidas avanzar na unidade de xeito autónomo, o cal repercutirá no resutado final.

    Adiante, desfruta da unidade!

    Sesión práctica 3.2
    Conceptos I: Elementos clave para o éxito nun deporte individual
    Preme nos debuxos para obter máis información
    Relaciona os seguintes textos sobre valores precisos para o traballo individual
    Responde as seguintes preguntas relacionadas cos conceptos aprendidos
    Templar os nervios nunha situación de moito estrés, como unha saída de tacos, require moito
    Adestrar todos os días, incluso en festas, enfermo ou canso require moita
    Non distraerse da tarefa independemente de circustancias externas como o público precisa
    Crer que podes acadar o obxectivo aínda que todo apunte ao contrario é síntoma de
    Escolle cal destas situacións destaca pola dose de autocontrol
    Escolle cal destas situacións destaca pola autoesixencia
    Sesión práctica 3.3
    Conceptos II: Características básicas dos deportes individuais
    • Non colaboración


      Non colaboración

      Entendemos por non colaboración ao feito de que no momento da partipación non hai ningún compañeiro que nos poida axudar. Por decilo dalgún xeito, estamos "sós ante o perigo".

      O exemplo da foto é un 3000 m. obstáculos de atletismo.


    • Non oposición


      Non oposición

      Entendemos por non oposición ao feito de que no momento da participación non hai ninguén interferindo directamente as nosas accións. Os regulamentos soen ser moi estrictos neste aspecto.


    • Mentalidade


      Mentalidade

      Debido a que nestes deportes a participación é individual, é preciso ter unha mentalidade moi positiva que permita confiar na nosa capacidade e nos manteña centrados na tarefa independientemente das dificultades que aparezan. O exemplo da foto é atletismo paralímpico.


    • Talento


      Talento

      É o compoñente innato da excelencia deportiva. A xente que o posúe ten habilidades e facilidades para certas tarefas sen demasiado esforzo, pero se non vai acompañado de traballo no servirá para nada.

      O exemplo da foto é unha bailarina de ballet clásico.




    Non colaboración

    Entendemos por non colaboración ao feito de que no momento da partipación non hai ningún compañeiro que nos poida axudar. Por decilo dalgún xeito, estamos "sós ante o perigo".

    O exemplo da foto é un 3000 m. obstáculos de atletismo.


    Preme nos recadros para obter máis información
    A non colaboración

    A non colaboración

    Esta situación é a que aparece cando no momento da competición non hai ningún compañeiro axudándonos a acadar o obxectivo. Somos nós, de xeito individual, os que debemos preocuparnos por estar concentrados, por crer que podemos acadar o resultado, por esforzarnos ao máximo e por amosar o mellor que levamos dentro.

    Isto non quita que durante a preparación previa, é dicir os adestramentos, haxa adestradores, preparadores ou compañeiros, que participen connosco.

    En calquera caso, debido a esa individualidade, é necesario entender que para a preparación e práctica destas disciplinas é preciso moito tesón, forza de vontade e voluntariedade, algo que se da en moitas situacións de superación pesoal.

    O exemplo da foto é velocidade en carreira de rodas paralímpica.

    A non oposición

    A non oposición
    Entendemos por non oposición ao feito de que no momento da actuación, non hai ninguén que estea expresamente impedindo a nosa intervención. Esto non quita que poida haber máis xente simultáneamente facendo actividades para acadar os seus obxectivos, mais esas metas non son opostas ás miñas, se non que son as mesmas.
    Nos xogos con balón é moi sinxelo de entender: se o temos nós, non o teñen eles, polo que é un feito antagonista. No caso que nos ocupa, estas situacións non se dan nunca, xa que todos participan para tentar obxectivos comúns.
    Os regulamentos soen ser moi estrictos para evitar que haxa interferencias nos casos nos que participan simultaneamente e o espazo é compartido.
    O exemplo da foto é 200 m. libres natación.

    A mentalidade

    MENTALIDADE

    Conxunto de crenzas e hábitos que forman o xeito de pensar e actuar dun individuo.
    Unha persoa pode ter mentalidade de crecemento cando cre que, invertindo o suficiente tempo, esforzo ou adestramento, pode adquirir calquera habilidade; ou mentalidade fixa cando cre que as habilidades son innatas e que, simplemente, non pode facer cousas para as que non naceu.
    As persoas con mentalidade fixa teñen un gran medo ao fracaso, porque o perciben como un sinal de debilidade, mentras que as que teñen mentalidade de crecemento non lles importa o fracaso porque saben que poden aprender del e así mellorar o seu rendemento.
    Os practicantes de deportes individuais caracterízanse por ter unha forte mentalidade de crecemento, porque acadar os obxectivos depende só deles mesmos, por iso adestran moi duramente .
    O exemplo da foto é adestramento de flexibilidade en ximnasia artística.


    O talento

    TALENTO

    Conxunto de facultades e capacidades dun individuo cara un ámbito ou área concreta. Está ligado á unhas claves como son a habilidade (entendida como saber facer), a aptitude (entendida como capacidade para facer) e a actitude (querer facer).

    É por iso polo que o talento é considerado como algo innato, mais é mellorable con traballo e arelas de superación.

    O talento só aparece cando hai certo grao de incertidume, é dicir cando a tarefa non está definida, e no caso do deporte é a diferenza entre os grandes deportistas e os fóra de serie.
    O exemplo da foto é biathlon.


    Une os textos relativos ás características dos deportes de equipo
    O talento é vital
    posibilita mellorar
    A mentalidade de loita
    implica axuda
    Adestrar diariamente
    porque participas só
    A non colaboración non
    precisa mentalidade
    A non oposición non
    implica oposición
    Identifica que texto corresponde con cada palabra
    Non colaboración
    Non oposición
    Non interferir as accións de outro é
    Participar en solitario sen axuda de compañeiros é
    Un desafío persoal sempre conleva
    Competir resolvendo só as dificultades é
    Unha carreira, aínda que sexa de relevos, caracterízase por
    Non buscar un obxectivo oposto ao do rival é
    Identifica que texto corresponde con cada palabra
    Talento
    Mentalidade
    O que destaca nunha actividade sen demasiado esforzo é porque ten
    A dotación natural para unha actividade é
    Competir despois dun accidente e chegar ás paralimpiadas implica
    Remontar situacións complicadas é posible grazas á
    Sacrificarse todos os días para adestrar implica
    O que acada o éxito sen moito traballo ten
    Vídeo I.1: Un deporte individual, o atletismo

    O atletismo é un deporte con moitas modalidades que pertencen a diferentes apartados da nosa clasificación. A súa orixe está moi ligada á Grecia clásica, e foi fundamental no nacemento dos Xogos Olímpicos.

    Marca a resposta correcta sobre o vídeo de atletismo
    Quen restaurou e recuperou os Xogos Olímpicos de Grecia clásica para convertilos no que son na actuallidade?
    Marca a resposta correcta sobre o vídeo de atletismo
    En que ano se celebraron os primeiros Xogos Olímpicos da era clásica en Grecia?
    Marca as respostas correctas sobre o vídeo de atletismo
    Que tipos de probas se levaban a cabo nas Olimpiadas clásicas de Grecia?
    Marca as respostas correctas sobre o vídeo de atletismo
    Por que o atletismo é considerado o rei dos deportes?
    Sesión práctica 3.4
    Conceptos: Mapa conceptual sobre os deportes individuais
    Deportes individuais
    Simultáneos
    Espazo individual
    Exemplo natación
    Espazo compartido
    Exemplo skicross
    Solitarios
    Físicos (Medición)
    Con series
    Exemplo lanzamentos
    Exclusivos
    Exemplo contrarreloxo
    Expresivos (Valoración)
    Con música
    Exemplo xim. rítmica
    Sen música
    Exemplo surf
    Vídeo I.2: Un deporte solitario de tipo físico, a orientación

    As carreiras de orientación son un bo exemplo de deporte individual de participación en solitario con gran esixencia de carácter físico, debido ao espazo no que se compite.

    Marca as respostas correctas sobre o vídeo de orientación
    Escolle as afirmacións correctas referidas ás carreiras de orientación.
    Marca as respostas correctas sobre o vídeo de orientación
    Escolle cales son as características que debe ter un bo corredor de orientación
    Marca as respostas correctas sobre o vídeo de orientación
    Sinalas as respostas correctas referidas á organización das carreiras de orientación
    Une os seguintes textos relativos á orientación
    A única axuda é un
    en bici e en esquís
    Hai modalidades a pé,
    tamaño do mapa
    O mapa é un debuxo
    mapa e un compás
    A escala representa o
    non están marcados
    Os camiños a escoller
    en miniatura do lugar
    Sesión práctica 3.5
    Conceptos III: tipos de deportes individuais
    • P. SIMULTÁNEA


      PARTICIPACIÓN SIMULTÁNEA:

      O deportista participa simultáneamente con outros competidores, mais non pode interferir nas súas accións nin tampouco ser interferido


    • P. S. FÍSICOS


      PARTICIPACIÓN SOLITARIA DE TIPO FÍSICO:

      O deportista compite en solitario e no momento da súa intervención non ten referencias visuais dos seus competidores. A actividade ten un compoñente físico moi importante.






    • P. S. EXPRESIVOS


      PARTICIPACIÓN SOLITARIA DE TIPO EXPRESIVO:

      O deportista participa en solitario realizando un exercicio que será valorado ao final da súa execución






    PARTICIPACIÓN SIMULTÁNEA:

    O deportista participa simultáneamente con outros competidores, mais non pode interferir nas súas accións nin tampouco ser interferido


    Preme nas pestanas para ter máis información
    DEPORTES INDIVIDUAIS DE PARTICIPACIÓN SIMULTÁNEA

    Deportes de participación simultánea

    Son aqueles nos que, aínda que o deportista leve a cabo a súa intervención sen compañeiros nin adversarios directos que impidan a súa acción, si que existen outros participantes que compiten ao mesmo tempo, polo que dalgún xeito, as accións deses competidores condicionan as do propio deportista. Nalgúns casos compartirán espazo de competición (fondo en atletismo, triatlon, skicross,...) e noutros cada un compite no seu propio espazo (velocidade en atletismo, natación, piragüismo,...)

    De calquera xeito, o importante deste grupo é lembrar que son actividades individuais nas que o éxito é medido con algún criterio de tipo obxectivo, é dicir que permita un rexistro válido e fiable independentemente de quen leve a cabo esa medición. O exemplo máis claro deste tipo de criterio é o tempo, que ademais é moi sinxelo de medir e accesible para calquera persoa aínda que non sexa especialista.

    O exemplo da foto é a natación dun triatlon.


    DEPORTES INDIVIDUAIS DE PARTICIPACIÓN EN SOLITARIO



    Deportes de participación en solitario

    Son aqueles nos que no momento da competición, o deportista está totalmente só levando a cabo a súa intervención, polo que non ten ningún tipo de referencias dos outros competidores. Tendo en conta este factor, podemos dicir que este tipo de deportes requiren moita preparación e práctica porque o deportista debe ter moi claro o traballo que está realizando en canto a intensidade, control de movementos, toma de decisións etc.

    Por outra banda, deberemos diferenciar entre aqueles nos que se prioriza o compoñente físico, e aqueles nos que o fundamental é a expresión artística.

    O exemplo da foto é halterofilia.




    D. INDIVIDUAIS DE PARTICIPACIÓN EN SOLITARIO DE TIPO FÍSICO



    Deportes de participación en solitario de carácter físico

    Por unha banda haberá un grupo de deportes ou modalidades deportivas con características similares aos de participación simultánea, pero coa característica de que os competidores participan illadamente. Os criterios para medir o éxito son iguais: tempo, distancia, precisión etc.

    Exemplos deste tipo de deportes son os lanzamentos e saltos en atletismo, as carreiras de orientación, as probas contra o reloxo de ciclismo, o golf, os saltos de esquí, as carreiras de descensos (en esquí, BTT, en piragüa .) etc.

    O exemplo da foto é eslalom de piragüismo.





    D. INDIVIDUAIS DE PARTICIPACIÓN SOLITARIA DE TIPO EXPRESIVO



    Deportes de expresión

    Neles o competidor participa realizando unha actividade coa maior corrección posible, tentando axustarse a un modelo técnico considerado perfecto, e no momento da súa finalización, un xurado especialista valora esa intervención poñendo unha nota numérica que determinará o resultado final do deportista. Esta nota aínda que é subxectiva, pois depende da opinión dun grupo de persoas, non é algo arbitrario, se non que responde a unha serie de requirimentos e pautas incluídas nunha normativa que os deportistas deben coñecer e ter en conta antes da competición.

    Estas actuacións poden ser con ou sen música, dependendo do deporte. Exemplos deste tipo de deportes con música son a ximnasia rítmica (pelota, mazas, cinta,…) a patinaxe individual, a natación sincronizada individual, etc., e sen música a ximnasia artística (excepto no exercicio de chan feminino), os saltos de trampolín, o surf, as probas de saltos de windsurf, as acrobacias en patíns, as acrobacias de esquí etc

    O exemplo da foto é patinaxe artística sobre xeo.

    Liga os textos relacionados cos deportes individuais.
    Completa o recadro coa palabra correcta
    O atletismo é o expoñentede todos os deportes
    Un deporte individualcon música é a patinaxe en xeo
    Nos deportes de espazoo regulamento é moi estricto
    En esquí hai dúasou series para cada participante
    O espazo de competición éen 100 braza de natación
    Un deporte expresivo sené o esquí acrobático
    Liga os deportes que perteñezan ao mesmo grupo
    Simultáneos
    Solitarios físicos
    Solitarios expresivos
    Sesión práctica 3.6
    Vídeo I.3: Un deporte solitario de tipo expresivo, a ximnasia

    A ximnasia é un dos deportes máis carismáticos pola enorme dificultade que entraña, pola complexidade do seu traballo e pola espectacularidade das súas accións. É por iso polo que é un dos deportes olímpicos máis antigos e aínda hoxe goza de moita popularidade entre o público.

    Marca a resposta correcta sobre o vídeo de ximnasia
    Onde naceu a ximnasia tal e como a coñecemos actualmente?
    Marca as respostas correctas sobre o vídeo de ximnasia
    Que tiñan en común as actividades ximnásticas que existían na antigüidade espalladas por moitas civilizacións do mundo?
    Marca a resposta correcta sobre o vídeo de ximnasia
    Como se chamaba a actividade creada por Ludwig F. Jahn que foi a orixe da ximnasia con aparatos?
    Marca as respostas correctas sobre o vídeo de ximnasia
    Cales das seguintes son modalidades ximnásticas oficiais hoxe en día?
    Sesión práctica 3.7
    Valor educativo do tema

    Despois desta unidade, seguro que que xa tes moito máis claro que son os deportes individuais, as diferenzas entre eles e varios exemplos de cada un. Ese era un dos obxectivos.

    Practicar actividades relacionadas con eses deportes para mellorar os valores que aportan era outro deles, pois aspectos como a autoconfianza, a disciplina, o autocontrol son fundamentais no noso desenvolvemento, non só para o mundo deportivo, se non para as nosas vidas.

    Pero por enriba de todo, o que buscabamos nesta unidade era que experimentaras e vivenciaras estas propostas co fin de mellorar os teus hábitos, ampliar o teu punto de vista e buscar que te enganches ao mundo do deporte.

    Recorda que estás nunha etapa na que descobres moitas cousas novas, formas a túa personalidade e escolles o camiño que máis che atrae, de aí a importancia de coñecer novas actividades saudables que poidan chegar a formar parte do teu xeito de vida.

    As clases de educación física serven para practicar exercicio, mellorar as nosas habilidades, pero tamén como vía de coñecemento de novas actividades que nos permitan crear e afianzar uns hábitos de vida saudables, o cal repercutirá no noso presente pero, sobre todo, no noso futuro.

    Completa as seguintes afirmacións
    Practicar actividadesmellora valores importantes
    Vivenciar actividades serve parahábitos de vida
    Para formar a nosaprecisamos vivencias
    Crear hábitos é parte da educación física
    Para escoller un camiñocoñecer alternativas
    Esta unidade tiña porcoñecer diferentes deportes
    Sesión práctica 3.8 Avaliación
    Traballo de investigación

    Traballo de investigación

    Agora que xa coñeces o que son os deportes individuais, é o momento de que investigues un pouco sobre o tema, para coñecer cales son as modalidades que poderías practicar na teu contorno.
    O traballo que propoñemos a continuación é importante para a avaliación, polo que segue as pautas marcadas e trata de completar todos os apartados con responsabilidade e amosando a túa capacidade de razoar e relacionar os conceptos que aprendiches ao longo desta unidade.

  • Elabora un listado de deportes e actividades non competitivas individuais que se poden practicar na túa vila.
  • Explica en que consiste cada unha desas actividades, para poder entender cal é esa oferta deportiva que tes.
  • Escolle un ou dous deses deportes e xustifícao en base aos teus gustos, afeccións, intereses, motivacións,…
  • Agora imaxina que comezas a practicalos. Argumenta cales son os beneficios que poderían aportarche, tanto no aspecto físico como no educativo e emocional.
  • Recorda que debes amosar a túa capacidade investigadora pero, sobre todo, a de relacionar os conceptos aprendidos coa realidade na que vives, así que ánimo, actúa con disciplina que nós sabemos que tes moito talento.
    Por certo, recorda que o traballo é individual…

    Avaliación: Coloca a etiqueta onde corresponda
    salto de lonxitude
    salto de altura
    lanzamento de peso
    carreira de velocidade
    carreira de valos
    lanzamento de xavelina
    1
    2
    3
    4
    5
    6
    Avaliación: Clasifica cada modalidade deportiva dentro do seu grupo
    P. simultánea
    P. en solitario
    Expresión
    Paralelas en ximnasia artística
    100 m braza en natación
    Arrancada en halterofilia
    110 m valos en atletismo
    Saltos de trampolín
    Exercicio de cinta en ximnasia rítmica
    Avaliación: Une os recadros para formar textos
    O deporte individual
    superarte a tí mesmo
    A non oposición
    non é cooperativo
    Debido á esixencia
    son a clave do éxito
    O importante é
    é preciso disciplina
    Talento e disciplina
    facilita a aprendizaxe
    Avaliación: Clasifica os seguintes textos
    P. Simultánea individual
    P. Simultánea compartida
    Os deportistas non poden sair do seu espazo
    O regulamento impide as interferencias
    A situación de competición non sempre é igual
    A situación de competición é sempre igual
    Cada un participa pola súa rúa
    Todos comparten espazo de competición
    Avaliación: Clasifica os seguintes textos
    P. Solitaria física con series
    P. Solitaria física exclusiva
    A participación ten que ser ao 100%
    A concentración debe ser máxima dende o principio
    Pode haber un compoñente estratéxico
    Os deportistas non sempre coñecen o resultado dos outros
    Os competidores teñen dúas ou máis oportunidades
    Os deportistas coñecen o resultado dos outros
    Avaliación: Clasifica os seguintes textos
    P. Solitaria expresiva con música
    P. Solitaria expresiva sen música
    Precisan técnica e sentido rítmico
    A participación pode ser moi breve
    Poden ser no medio natural
    A duración do exercicio é superior a 1 minuto
    A actuación pode ser improvisada
    Teñen unha soa oportunidade
    Avaliación: Sinala a resposta correcta
    O boardercross é un deporte de inverno e, ademáis,...
    Avaliación: Sinala a resposta correcta
    Unha característica dos deportes de tipo expresivo é que...
    Avaliación: Sinala a resposta correcta
    As carreiras de orientación...
    Avaliación: Sinala a resposta correcta
    O salto de altura de atletismo e...
    Avaliación: Sinala a resposta correcta
    As competicións de freestyle de kitesurf son...
    Avaliación: Clasifica no grupo que corresponda
    P. Simultánea
    P. Solitaria física
    P. Solitaria expresiva
    200 m bolboreta natación
    Saltos de trampolín
    Lanzamento de martelo de atletismo
    Triple salto de atletismo
    Ximnasia rítmica
    Descenso en esquí
    Avaliación: Marca a resposta axeitada
    A imposición persoal ante unha pretensión importante ou incluso esaxerada é...
    Avaliación: Marca a resposta axeitada
    A capacidade de regular a propia conduta ante todo tipo de situacións é...
    Avaliación: Coloca as etiquetas nos seguintes deportes individuais
    Esquí
    Ximnasia artística
    Halterofilia
    Piragüismo
    Surf


    CRÉDITOS TEMA 3: INICIACIÓN AOS DEPORTES INDIVIDUAIS