1
A condición física
Unidade 2

UNIDADE 2

CONDICIÓN FÍSICA

Introdución

Podemos definir a condición física como o conxunto de factores que permiten que o corpo humano funcione axeitadamente e sexa quen de soportar e levar a cabo as tarefas básicas da súa vida cotiá.

Para iso, é preciso que haxa unha correcta coordinación entre os diversos sistemas do corpo humano e un bo desenvolvemento de todos eses factores que van estar implicados, evitando grandes diferenzas no grao de preparación de cada un deles.

Unha máquina ben preparada será aquela na que todas as súas pezas funcionen axeitadamente e teñan características similares, se non, o seu nivel virá marcado polas limitacións das pezas de menor calidade, ou o que é peor, non funcionará.

No caso do corpo humano, a situación é moi similar. De nada vale un desenvolvemento extremo dalgúns factores se outros, que non están ao mesmo nivel, van facer que os diversos compoñentes do corpo non rendan igual ou, o que é peor, provoquen desaxuntes que orixinen descompensacións ou lesións de diversa gravidade.

É por iso polo que resulta fundamental coñecer eses compoñentes que conforman a condición física, traballar axeitadamente cada un deles e así mellorar o rendemento xeral de todo o corpo, co fin de mantelo nunhas condicións óptimas de saúde que nos permitan satisfacer as necesidades da vida cotiá, a vida deportiva ou simplemente o paso dos anos, retrasando ao máximo as consecuencias do envellecemento.

Obxectivos da unidade

Ao final do tema serás quen de:

  • Coñecer os efectos beneficiosos que ten a práctica regular de actividade física para a saúde.
  • Valorar os riscos e que poden ter unha práctica de actividades físicas non axeitada.
  • Recoñecer que é a condición física e as capacidades físicas básicas.
  • Coñecer e practicar actividades relacionadas coa forza
  • Coñecer e practicar actividades relacionadas coa velocidade
  • Coñecer e practicar actividades relacionadas coa flexibilidade
  • Coñecer e practicar actividades relacionadas coa resistencia
  • Sesión práctica 2.1 A forza I
    Preavaliación: Descubre unha actividade para a mellora da condición física
    Preavaliación: Arrastra cada foto ao recadro que corresponda
    Condición física
    Técnica
    Preavaliación: Clasifica as actividades segundo o capacidade física máis relevante
    Forza
    Velocidade
    Flexibilidade
    Resistencia
    Halterofilia
    50 m libres natación
    Ballet
    Montañismo
    Ximnasia rítmica
    Triatlón
    Preavaliación: Clasifica as actividades segundo o capacidade física máis relevante
    Forza
    Velocidade
    Flexibilidade
    Resistencia
    Esgrima
    Salto de altura
    Maratón
    Ioga
    Natación sincronizada
    Remo
    Preavaliación: Adiviña cales son as palabras segredas
    6
    5
    4
    3
    2
    1
    a
    b
    c
    d
    e
    f
    g
    h
    i
    j
    k
    l
    m
    n
    ñ
    o
    p
    q
    r
    s
    t
    u
    v
    w
    x
    y
    z
    ç
    Compoñentes da condición física
    ___________ _______ _______
    Preavaliación: Adiviña cales son as palabras segredas
    6
    5
    4
    3
    2
    1
    a
    b
    c
    d
    e
    f
    g
    h
    i
    j
    k
    l
    m
    n
    ñ
    o
    p
    q
    r
    s
    t
    u
    v
    w
    x
    y
    z
    ç
    Elementos fundamentais para a mellora da nosa condición física:
    _____________, ____________ _ ____________
    Reflexión sobre a preavaliación

    Se cometiches algún erro non te preocupes, se non foi así, noraboa.
    De calquera xeito abofé que unha vez levada a cabo esta unidade, aprenderás moito máis sobre a condición física, a súa importancia e as súas implicacións, polo que xa non dubidarás para respostar a este tipo de cuestións.
    Seguro que cando pensas en condición física, pensas en deportistas, adestramentos, olimpiadas ou retos formidables...mais non é así, a condición física é un concepto xenérico que serve para identificar un bó ou mal estado de rendemento do corpo, polo que podemos pensar en xogos, circuitos, exercicios,...todo iso que nos serve para traballar o noso corpo e mellorar o seu funcionamento.
    Comezaremos a unidade explicando cales son os factores que permiten mellorar neste tipo de actividades. Aprenderemos aspectos básicos, e identificaremos mecanismos sinxelos para mellorar en cada un dos apartados. Falaremos da implicación da condición física na vida cotiá e, finalmente, entenderemos o porqué da súa importancia no contorno educativo e nas nosas vidas.


    Sesión práctica 2.2 A forza II
    Conceptos I: A condición física

    A condición física é o estado físico que ten unha persoa, é dicir, o nivel que presenta ese individuo no funcionamento do seu corpo. Así unha persoa que teña unha boa condición física será quen de realizar as diferentes actividades da súa vida cotiá ou deportiva con vigor e eficacia, mentres que alguén que teña unha mala condición física non poderá realizalas ou sentirá moito cansanzo e perda de eficacia.
    Acadar este óptimo estado pasa por coidar ao corpo mediante unha boa alimentación, descanso axeitado e un adestramento dos diferentes apartados que o forman.

    A alimentación é esencial, pois é o punto de partida para que o corpo teña enerxía e demais substancias para funcionar axeitadamente. Deberá ser san e equilibrada tanto en cantidade como en variedade, e respectar as proporcións dos diferentes tipos de alimentos.

    O descanso axeitado acádase durmindo un mínimo de 8 horas diarias, non saturando ao corpo de actividades e tensión, e mantendo un ritmo de vida relaxado e con certas rutinas.

    O adestramento ideal é aquel que nos permite ter o corpo preparado para as actividades que debemos afrontar, polo que debería ser algo personalizado, pero en calquera caso, debe incluir traballo equilibrado das catro capacidades físicas básicas, que son: forza, velocidade, flexibilidade e resistencia. Calquera desequilibrio nalgunha delas pode causar lesións ou perda de eficacia, polo que é fundamental un traballo conxunto de todas elas.

    Mapa conceptual sobre as capacidades físicas básicas
    capacidades
    forza
    explosiva
    máxima
    forza-resistencia
    velocidade
    de reacción
    segmentaria
    de carreira
    flexibilidade
    activa
    pasiva
    resistencia
    aeróbica
    anaeróbica
    Completa as afirmacións coas palabras dos recadros
    A resistencia pode serou tamén anaeróbica
    A forza pode ser de tipomáxima ou resistencia
    A velocidade pode ser dede reacción ou xestual
    A flexibilidade pode serou dinámica
    O corpo funciona sedescansa e se alimenta
    Precisamos o nivel de que permita realizar vida cotiá
    Clasifica as seguintes imaxes segundo favorezan ou non a unha boa condición física
    Favorecen unha boa condición física
    Non favorecen un boa condición física
    Marca a resposta correcta
    Unha condición física saudable é...
    Marca a resposta correcta
    Para ter unha boa condición física precisamos...
    Sesión práctica 2.3 A velocidade I
    Conceptos II: A forza



    É a capacidade resultante do conxunto de contraccións musculares que permiten opoñerse ou vencer unha resistencia. É fundamental na vida cotiá e no deporte, e un adestramento correcto permite a súa mellora de xeito moi importante. O exemplo da foto é unha melé de rugby, onde os equipos empurran para tentar avanzar e recoller o balón do medio.





    Tipos de forza
    • Explosiva


      Explosiva

      Capacidade de realizar un movemento con resistencias baixas á máxima velocidade. Algúns exemplos deste tipo de forza poden ser un lanzamento, un salto, unha saída de tacos en atletismo, etc.


    • Máxima


      Máxima

      Capacidade de vencer unha resistencia máxima, como por exemplo a que se leva a cabo nun levantamento de pesas.


    • Forza-resistencia


      Forza-resistencia

      Capacidade de manter a aplicación dunha forza non máxima durante un tempo prolongado. Este tipo de forza é moi común e aparece, por exemplo, nunha competición de remo, unha vía de escalada ou un circuíto de actividades.




    Explosiva

    Capacidade de realizar un movemento con resistencias baixas á máxima velocidade. Algúns exemplos deste tipo de forza poden ser un lanzamento, un salto, unha saída de tacos en atletismo, etc.


    Preme nas pestanas para ter máis información
    Vídeo CF.1

    A forza:
    Presta atención a este vídeo sobre a forza e os seus tipos. É un resumo de todo o repasado ata agora, porque se cadra aínda tiñas algunha dúbida.

    Identifica que texto corresponde con cada palabra
    Forza explosiva
    Forza resistencia
    A forza precisa para subir unha costa longa en bicicleta
    A forza precisa para subir escaleiras ata un 10º
    A forza precisa para un remate de voleibol
    A forza precisa para pasear en kayak
    A forza precisa para un salto de altura
    A forza precisa para saltar un charco
    Identifica que texto corresponde con cada palabra
    Forza máxima
    Forza resistencia
    A forza precisa para empurrar un coche que non prende
    A forza precisa para turrar por unha corda
    A forza precisa para pintar unha parede cun rolo sen parar
    A forza precisa para levar as bolsas da compra
    A forza precisa para manter no colo a un bebé moito rato
    A forza precisa para mover un bidón cheo
    Relaciona os seguintes textos referidos á forza
    Completa os cadros coas palabras relacionadas co traballo de forza
    1
    2
    3
    4
    5
    6
    1. Tipo de traballo no que empregamos o noso propio peso corporal
    2. Aparellos empregados para levantar e así mellorar a nosa forza
    3. Persoa que colabora para adestrar a nosa forza co seu peso
    4. Poden ser lixeiras ou pesadas
    5. Conxunto de rutinas e exercicios que buscan mellorar a nosa forza
    6. Forza precisa para realizar unha saída de tacos en atletismo
    Marca as respostas correctas
    Que beneficios aporta o traballo de forza para a nosa vida cotiá?
    Sesión práctica 2.4 A velocidade II
    Conceptos III: A velocidade

    É a capacidade de realizar un movemento ou percorrer unha distancia no menor tempo posible. Depende dalgúns factores biolóxicos (idade, sexo, herdanza), nivel de adestramento, número e tipo de segmentos corporais implicados, grao de quecemento e nivel de concentración, etc.
    Os humanos temos o noso teito de velocidade correndo aproximadamente nos 36 Km/h, mentras que outros animais como o guepardo poden acadar os 120 Km/h.

    Tipos de velocidade
    • Desprazamento


      De desprazamento

      É a capacidade que nos permite percorrer un espazo determinado no menor tempo posible. Depende da amplitude da zancada e da frecuencia dos pasos. A amplitude é a lonxitude de cada paso, e a frecuencia o número de pasos realizados no menor tempo posible.




    • Reacción


      De reacción

      É
      a capacidade de responder ante un estímulo no menor tempo posible. Os estímulos aos cales podemos responder son tres: Visual, táctil e sonoro


    • Segmentaria


      Segmentaria

      Tamén é coñecida como xestual. É a capacidade de realizar un movemento o máis rápido posible. Depende de factores como a técnica, a número de músculos implicados ou a lateralidade. Un exemplo pode ser un saque de tenis.




    De desprazamento

    É a capacidade que nos permite percorrer un espazo determinado no menor tempo posible. Depende da amplitude da zancada e da frecuencia dos pasos. A amplitude é a lonxitude de cada paso, e a frecuencia o número de pasos realizados no menor tempo posible.




    Preme nas pestanas para ter máis información
    Sistemas de adestramento da velocidade

    A velocidade

    Como vimos anteriormente, existen tres tipos de velocidade, polo que o tipo de traballo será moi diferente dependendo do que queiramos mellorar:

    Velocidade de reacción.

  • Saídas dende calquera posición.
  • Exercicios con diferentes tipos de estímulos.
  • Exercicios de concentración

  • Velocidade segmentaria.

  • Repeticións de actividades sinxelas.
  • Simplificación de actividades complicadas.
  • División e práctica illada de exercicios complexos.

  • Velocidade de desprazamento.

  • Para a amplitude: exercicios de forza (multisaltos, lastres, arrastres, escaleiras, costas, etc)
  • Para a frecuencia: exercicios de técnica, hipervelocidade (costas cara abaixo, gomas,...)
  • Descubre a palabra segreda sobre a velocidade
    6
    5
    4
    3
    2
    1
    a
    b
    c
    d
    e
    f
    g
    h
    i
    j
    k
    l
    m
    n
    ñ
    o
    p
    q
    r
    s
    t
    u
    v
    w
    x
    y
    z
    ç
    Factores a ter en conta no noso traballo de velocidade:
    __________ _ _________
    Relaciona os seguintes textos sobre o adestramento de velocidade
    Completa os cadros coas definicións
    1
    2
    3
    4
    5
    6
    1. Resposta consciente ante un estímulo
    2. Resposta involuntaria ante un estímulo
    3. Factor que determina o número de movementos que somos capaces de facer en cada momento
    4. Capacidade moi ligada á velocidade
    5. Factor que mide a lonxitude de cada zancada que facemos
    6. Velocidade xestual
    Relaciona os seguintes textos sobre velocidade
    Marca a resposta correcta
    Os exercicios con saídas en diferentes posicións e con diversos estímulos serven para mellorar...
    Sesión práctica 2.5 A flexibilidade I
    Conceptos IV: A flexibilidade

    É a capacidade de realizar movementos coa máxima amplitude, con facilidade e soltura. É a única capacidade física involutiva, é dicir, vai minguando dende que nacemos, polo que é moi importante traballala para evitar acurtamentos musculares e rixidez nas articulacións que nos impidan levar a cabo actividades básicas na nosa vida cotiá. Exemplos de actividades onde se precisa certa flexibilidade son realizar un espagat, pasar un valo ou rañar as costas.

    Tipos de flexibilidade
    • Activa


      Activa

      Neste caso, esa postura forzada é preciso acadala ou mantela mediante a contracción dos músculos desa articulación, polo que precisamos unha gran amplitude e ademais forza. Un exemplo pode ser unha patada de taekwondo ou unha zancada nun baile.


    • Pasiva


      Pasiva

      É aquela na que realizamos unha postura con amplitude e mantemos a posición durante uns intres. Durante a apertura non hai movemento e a acción é levada a cabo por unha forza externa como pode ser un compañeiro, a acción da gravidade, un peso, etc.




    Activa

    Neste caso, esa postura forzada é preciso acadala ou mantela mediante a contracción dos músculos desa articulación, polo que precisamos unha gran amplitude e ademais forza. Un exemplo pode ser unha patada de taekwondo ou unha zancada nun baile.


    Preme nas pestanas para ter máis información
    Relaciona os seguintes textos relativos á flexibilidade
    Descubre as palabras segredas sobre a flexibilidade
    6
    5
    4
    3
    2
    1
    a
    b
    c
    d
    e
    f
    g
    h
    i
    j
    k
    l
    m
    n
    ñ
    o
    p
    q
    r
    s
    t
    u
    v
    w
    x
    y
    z
    ç
    É a característica máis peculiar da flexibilidade
    _ _ _____ __________ __________
    Sesión práctica 2.6 A flexibilidade II
    Vídeo CF.2

    Agora que xa aprendiches algo sobre a teoría da flexibilidade seguro que este vídeo será a ferramenta ideal para que completes os teus coñecementos, así que preme o botón e presta atención.

    Marca a resposta correcta
    Facer unha apertura de 180º coas pernas (espagat) é un exercicio que require flexibilidade
    Completa os cadros coas definicións
    1
    2
    3
    4
    5
    6
    1. Tipo de flexibilidade na que mantemos unha posición pola forza da gravidade
    2. Factor relacionado coas articulacións do que depende a flexibilidade
    3.Característica exclusivamente da flexibilidade
    4. Situacións desagradables que evita o traballo de flexibilidade
    5. Efecto calmante do traballo de flexibilidade na nosa postura corporal
    6. Tipo de flexibilidade na que mantemos a posición coa forza dos nosos músculos
    Sesión práctica 2.7 A resistencia I
    Conceptos V: A resistencia

    É a capacidade que ten o organismo para soportar esforzos prolongados ou intensos cando hai alta participación do aparato cardiorespiratorio, é dicir, deben estar implicados grandes grupos musculares de xeito que todo o corpo estea activado. Tamén fai referencia á capacidade que ten o organismo para recuperarse despois deses esforzos. Exemplos desta capacidade poden ser correr, nadar, andar en bicicleta, etc. sempre e cando se leven a cabo durante un tempo prolongado.

    Tipos de resistencia
    • Aeróbica


      Aeróbica

      É a capacidade que nos permite soportar esforzos de longa duración e baixa ou mediana intensidade co suficiente aporte de osíxeno. A enerxía para que funcione o organismo obtense mediante un sistema no que é preciso a entrada dese osíxeno, polo que serán actividades nas que mentras traballamos podamos respirar con relativa facilidade. Exemplos deste tipo poden ser andar 1 hora, nadar 1000 m, correr unha maratón, etc.


    • Anaeróbica


      Anaeróbica

      É a capacidade que ten o organismo de realizar esforzos moi intensos e de curta duración sen o suficiente aporte de osíxeno. Debido a esa intensidade, non somos capaces de respirar con normalidade e por tanto as actividades non poden ser moi longas, como moito arredor de 1 minuto. Exemplos deste tipo poden ser correr 100-400 metros, nadar 25 metros, etc.




    Aeróbica

    É a capacidade que nos permite soportar esforzos de longa duración e baixa ou mediana intensidade co suficiente aporte de osíxeno. A enerxía para que funcione o organismo obtense mediante un sistema no que é preciso a entrada dese osíxeno, polo que serán actividades nas que mentras traballamos podamos respirar con relativa facilidade. Exemplos deste tipo poden ser andar 1 hora, nadar 1000 m, correr unha maratón, etc.


    Preme nas pestanas para ter máis información
    Relaciona os seguintes textos referidos á resistencia
    Descubre cales son as palabras segredas referidas á resistencia
    6
    5
    4
    3
    2
    1
    a
    b
    c
    d
    e
    f
    g
    h
    i
    j
    k
    l
    m
    n
    ñ
    o
    p
    q
    r
    s
    t
    u
    v
    w
    x
    y
    z
    ç
    É esencial para o traballo de resistencia.
    _______ __________________
    Sesión práctica 2.8 A resistencia II
    Conceptos VI: Métodos de adestramento das capacidades físicas

    A resistencia

    Sistemas continuos: son aqueles que se realizan durante un amplo período de tempo de forma continuada. Non existen pausas no desenvolvemento dos mesmos e polo tanto a intensidade vai ser media ou baixa.

  • Carreira continua: trátase de correr de forma ininterrompida distancias longas a baixa ou media intensidade..
  • Fartlek: consiste en correr de forma continuada pero variando o ritmo de carreira en diferentes tramos.
  • Sistemas fraccionados: Son aqueles nos que, co fin de aumentar a intensidade, intercálanse pausas de recuperación dentro das series.

  • Adestramento en intervalos: consiste en realizar series de distancias relativamente curtas intercalando pausas.
  • Responde as seguintes preguntas referidas ao adestramento de resistencia
    Como se chama o sistema de adestramento no que hai cambios de ritmo?
    Cal é o nome do tipo de adestramento onde non hai cambios de ritmo?
    Como se chama o sistema de adestramento no que facemos pausas entre as series
    Existen dous tipos de sistemas de adestramento: os continuos e os...
    Marca as respostas correctas
    Sinala en cal das seguintes probas precisan resistencia anaeróbica
    Valor educativo do tema

    A Organización Mundial para a Saúde (OMS) define a saúde como o estado completo de benestar mental, social e físico, e non só á ausencia de enfermidade. Esta afirmación implica que a o apartado mental, o social e o físico deben estar estreitamente unidos para que o corpo funcione axeitadamente e o conxunto do noso organismo renda ao nivel que precisa. Só así lograremos acadar o que é coñecida como "calidade de vida".

    Neste tema ocupámonos do ámbito motor, do conxunto de aspectos que son responsables de que a nosa condición física sexa axeitada ás nosas necesidades, e por iso abordamos un repaso adaptado ao nivel no que estamos, sobre as catro capacidades físicas (forza, velocidade, flexibilidade e resistencia). Fixemos unha valoración inicial, explicamos as características de todas elas, vimos exemplos e avaliamos o grao de asimilación dos conceptos. Así pois, estamos preparados para profundizar na teoría e, sobre todo, na práctica de todas elas.

    Se nunca fixeches actividades de xeito habitual, é preciso que sigas unhas pautas básicas como non tratar de facelo todo o primeiro día, rodearte de amigos para evitar aburrirte, facer unha actividade que che guste ou marcar uns prazos para obrigarte a coller hábito. Se superas a primeira fase de adaptación, seguro que mudas os teus hábitos sedentarios e melloras a túa calidade de vida.

    Se despois desa fase segues os consellos de traballo de cada unha das capacidades, seguro que mellorarás a túa condición física e, quen sabe, igual acabas practicando algunha actividade deportiva a un alto nivel.

    De calquera xeito, agora depende de tí. Nós cremos que estás preparado. Ánimo

    Completa as seguintes afirmacións coas palabras dos recadros
    O estado ideal según a implica benestar total
    Ao comezar, non fagasexcesivo o 1º día
    A saúde abarca osfísico, mental e social
    Ao comezar marca para manter a motivación
    Para motivarte podesexercicio con amigos
    Precisas ter un nivelde condición física
    Traballo de investigación sobre a condición física

    Traballo de investigación

    Agora que xa coñeces o que son as capacidades físicas básicas e a condición física en xeral, é o momento de que investigues un pouco sobre o tema, para coñecer cales son as posibilidades que poderías ter na túa vila.
    O traballo que propoñemos a continuación é importante para a avaliación, polo que segue as pautas marcadas e trata de completar todos os apartados con responsabilidade e amosando a túa capacidade de razoar e relacionar os conceptos que aprendiches ao longo desta unidade.

  • Elabora un listado de espazos da túa vila onde a xente realiza actividades físicas de xeito habitual (praia, parques, paseos,...)
  • Escolle catro ou cinco deles onde poidas realizar actividades físicas de baixa intensidade cos amigos
  • Planifica un diario durante dúas semanas nas que organices actividades saudables para todos os días. Lembra que non se trata de programar adestramentos nin partidos, se non de propoñer situacións agradables e accesibles, como pasear, xogar ou nadar un pouco. A idea é que descubras a enorme cantidade de opcións que existen na túa vila e a facilidade que poderías ter para realizar actividades saudables se realmente tiveras interese.
  • Recorda que debes amosar a túa capacidade investigadora pero, sobre todo, a de relacionar os conceptos aprendidos coa realidade na que vives, así que ánimo, amósanos que dominas o concepto de calidade de vida e prepara un bo traballo.


    Sesión práctica 2.9 Avaliación: tests de condición física
    Avaliación: Marca as respostas correctas
    Cales son as capacidades físicas básicas?
    Avaliación: Marca a resposta correcta
    Cal é a única capacidade física que é involutiva dende que nacemos?
    Avaliación: Marca as respostas correctas
    Cales dos seguintes factores é fundamental se falamos de flexibilidade?
    Avaliación: Marca as respostas correctas
    Cales dos seguintes son tipos de forza?
    Avaliación: Marca a resposta correcta
    Que tipos de flexibilidade hai?
    Avaliación: Marca a resposta correcta
    Cales son os tipos de resistencia?
    Avaliación: Escribe a palabra que se corresponde con cada texto
    1
    2
    3
    4
    5
    6
    1. Capacidade involutiva
    2. Explosiva ou máxima
    3. De reacción ou de desprazamento
    4. Aeróbica ou anaeróbica
    5. Práctica deportiva para mellorar o rendemento do corpo
    6. Actividade previa a calquera práctica deportiva
    Avaliación: Completa a secuencia ao tempo que repasas cales son as capacidades físicas


    CRÉDITOS TEMA 2: CONDICIÓN FÍSICA