Nos reinos cristiáns había dous grandes grupos de cidadáns: os privilexiados e os non privilexiados.

Os privilexiados: eran os nobres e o clero, non pagaban impostos. Os nobres, que vivían en castelos, debían de defender ao clero e aos non privilexiados e debían fidelidade aos reis. O rei, a cambio, cedíalles unha parte do territorio, os feudos, nestes territorios gobernaban, impartían xustiza e cobraban impostos. Os clérigos adicaban a súa vida a servir a Deus e a rezar polos nobres e as clases non privilexiadas, os monxes e monxas vivían nos mosteiros e os sacerdotes e bispos atendían as igrexas.

Os non privilexiados: obrigados a pagar impostos. Os campesiños, que vivían en aldeas preto do castelo do señor cuxas terras traballaban, os artesáns e os comerciantes, eran os que formaban parte deste grupo.

A

L

C