5.- Os primeiros reinos cristiáns e a Reconquista.
Os musulmáns non chegaron a conquistar parte do norte da península que foi onde empezaron a xurdir os primeiros reinos cristiáns. O primeiro foi, no ano 722, o reino de Asturias que dous séculos despois no 910 deu paso ao reino de León. No 1035 apareceu o de Castela que no século XIII uniuse ao de León formando a Coroa de Castela. Na zona dos Pireneos creáronse o reino de Pamplona, os condados cataláns e o condado de Aragón, estes dous últimos uníronse no século XII para formar a Coroa de Aragón.
Ata o século XI os reis cristiáns tiñan que pagar tributos aos califas cordobeses xa que Al-Ándalus era moi poderoso pero a caída do Califato fixo que os reis cristiáns fosen conquistando novos territorios polo que os reis de taifas empezaron a pagar tributos aos reis cristiáns, con isto crearon exércitos e comenzaron a súa expansión ata os ríos Texo e Ebro.Aínda que os andalusís recibiron axuda de pobos musulmáns do norte de Africa, como os almorábides e os almohades, non puideron evitar a expansión dos cristiáns e xa no XIII gran parte de Al-Ándalus estaba conquistada quedando reducido ao reino nazarí de Granada. Durante estas loitas consolidáronse catro grandes reinos cristiáns: a Coroa de Castela, o reino de Navarra, a Coroa de Aragón e mais o reino de Portugal.