En Al-Ándalus conviviron tres relixións:
➀ Os musulmáns, descendentes dos primeiros que chegaran á península, eran o grupo máis poderoso e os propietarios das mellores terras; así como os visigodos que se converteran ao islamismo aos que se lles chamabá muladís.
➁ Os cristiáns, chamados mozárabes.
➂ Os xudeus, vivían en comunidades e adicábanse sobre todo ao comercio.
Os habitantes do Al-Ándalus, os andalusís, loitaron contra os reinos cristiáns que aparecían no norte. Estes enfrontamentos, unidos a disputas internas dentro do califato provocou que o califato de Córdoba, no ano 1031 se descompuxese en pequenos reinos chamados reinos de taifas.