4.- Al-Ándalus.


No 711 había dous bandos que loitaban polo poder no reino visigodo. Un dos bandos pediu axuda ao califato, un imperio musulmán que ocupaba dende a India ata o norte de África. Os musulmáns, xa na península, acabaron co reino de Toledo e ao territorio ocupado chamáronlle Al-Ándalus.

Ao principio Al-Ándalus era un emirato que dependía do califato con capital en Damasco pero no 929 o emir Abderramán III converteuno nun reino política e relixiosamente independente ao que se lle chamou califato de Córdoba. Chegando, neste momento, a ser Córdoba unha das cidades máis importantes do mundo cuns 100 000 habitantes, nela creáronse escolas e bibliotecas que atraeron a sabios de todo o mundo.

As cidades eran amuralladas e con estreitas e irregulares rúas. A parte principal era a medina onde se atopaban os edificios importantes como a mesquita maior. Nelas vivían artesáns e comerciantes que vendían os seus produtos nun mercado ao que chamaban zoco. Rodeando á cidade, no arrabalde, atopábanse os campos de cultivo. Os musulmáns introduciron o arroz e estenderon os cultivos de regadío construíndo noras e canles.

A

L

O

C