No 1090 o reino de Galicia é dividido administrativamente en dous condados, tendo como referencia o río Miño, aparecen así os condados de Galicia e Portugal.
No ano 1211rematouse a construción da catedral de Santiago. Durante moito tempo foi o templo máis grande dos reinos cristiáns da península. A fachada dasPraterías e oPórtico da Gloria son as partes mellor conservadas da construción orixinal de estilo románico. Torres de Catoira Construídas no século IX formaban parte dun castelo chamado Castellum Honesti que servía para defender a desembocadura do río Ulla dos piratas normandos. Foron destruídas polos irmandiños na segunda guerra no 1467. Nos séculos XIV e XV o forte crecemento das cidades permite a consolidación de grupos de comerciantes e artesáns que se enfrontan en diversas ocasións con nobres e bispos polo goberno das cidades, no XV prodúcese un conflito social, o movemento irmandiño, este movemento estaba integrado por membros da baixa nobreza, campesiños e burgueses e loitaron en dúas guerras contra os señores que exercían un poder abusivo.
En canto á arte, a maior parte das igrexas e mosteiros galegos son de estilo románico, decorábanse con esculturas e pinturas de escenas relixiosas coa intención de ensinar relixión a xente xa que case ninguén sabía ler. En canto ao gótico, non tivo tanta importancia aínda que podemos observalo nas ruínas de Santo Domingo en Pontevedra, a igrexa da Santísima Trinidad en Ourense.