7.- A Idade Media en Galicia.


No ano 409 os suevos asentáronse na provincia romana chamada Gallaecia e creaon un reino. Basicamente adicábanse á cultivar a terra como campesiños libres aínda que había unha pequena clase nobre propietaria de moitas terras. No ano 585 este reino foi conquistado polos visigodos.

Sobre o ano 825 descóbrense os restos do apóstolo Santiago en Compostela.
A presenza dos musulmáns en Galicia foi moi breve, despois Galicia estivo integrada nos reinos de Asturias e de León aínda que, en períodos de poucos anos tivo reis propios. No 910 Ordoño II foi nomeado rei de Galicia, anos despois tamén foi nomeado rei de León trasladando a corte a esa cidade. Desde ese momento o reino de Galicia pasa a estar baixo o rei de Léon e posteriormente baixo os de Castela.

Sobre o 1075 empézase a construción da actual catedral en Santiago por orden do bispo Diego Xelmírez para acoller aos peregrinos que chegaban a Compostela procedentes de toda Europa polo camiño de Santiago. Santiago converteuse así nun centro de peregrinación e cultural importante, producíndose un importante desenvolvemento na artesanía, o comercio e a agricultura.

A

L

C