6.- A arte.


Nesta época predominaron os seguintes tipos:

O románico: predominou nos séculos XI e XII, e foi introducido na península polo Camiño de Santiago no que viñan peregrinos de toda Europa. Construíronse numerosas igrexas, mosteiros e catedrais cunhas características comúns:
Non tiñan gran altura e empregaban a pedra facendo muros grosos con poucas ventás, por iso o interior era escuro.
Nos interiores facían arcos de medio punto (ou de media circunferencia) e bóvedas de canón para as cubertas.
Decoraban as fachadas con esculturas e gravados relixiosos e os interiores con pinturas que representaban as sagradas escrituras.

O gótico: propio dos séculos XIII, XIV e XV trouxo importantes cambios como:
Aumentou a altura das edificacións e os seus muros eran menos grosos con grandes ventás nas que puñan vidreiras, isto dáballe unha maior luminosidade ao seu interior.
Os arcos que empregaban eran apuntados e para as cubertas empregaban bóvedas de crucería.
Nas fachadas había grandes vidreiras circulares chamadas rosetóns.

A

L

G

G

C