No século XII medra o número de cidades, normalmente estaban rodeadas por unha muralla cuxas portas se pechaban pola noite para evitar ataques. Nas cidades vivían os artesáns e os comerciantes. Os artesáns do mesmo oficio agrupábanse en gremios e era moi frecuente que se situasen os do mesmo gremio na mesma rúa. As cidades estaban organizadas en barrios e había unha praza onde os comerciantes vendían o seu produto. Nalgunhas facíanse feiras nas que había produtos doutros lugares. Nesta época constrúense tamén catedrais como a de Santiago de Compostela ou a deLeón e créanse universidades como a de Salamanca. Miniatura das "Cantigas de Santa María" que mostra a Alfonso X dictando. No século XIII durante o reinado de Afonso X o Sabio crea a Escola de Tradutores de Toledo na que traballaban especialistas das tres relixións. Grazas ao seu traballo moitas obras gregas, latinas e orientais que coñecían os musulmáns puideron ser coñecidas e empregadas nas universidades españolas e europeas.
Durante o reinado dos Reis Católicos, xa no século XV, prodúcese a unidade relixiosa de todo o reino tomando medidas en contra de xudeus e musulmáns, en 1478 creáse o Tribunal da Inquisición que perseguiu aos herexes e obrigou aos seguidores das outras relixións a bautizarse ou a fuxir de España.