1.- A Idade Media.
É o período que vai dende a caída do Imperio romano no ano 476 d. C. no século V ata o descubrimento de América no 1492, século XV.
Para o seu estudo acostúmase a dividila en dúas partes, a Alta e a Baixa Idade Media. ➀ A Alta Idade Media vai do século V ao XII onde os pobos vivían da agricultura e a gandería, os nobres eran os donos das terras onde traballaban os campesiños. A esta organización social coñéceselle co nome de feudalismo. ➁ A Baixa Idade Media, do século XII ao XV, onde se empeza a desenvolver o comercio e aparecen grandes cidades ás que se chamaron burgos. Nelas apareceu unha nova clase social, a burguesía.