6.- Aforro de enerxía e desenvolvemento sostible.
Para evitar o esgotamento dos recursos e os impacto ambientais podemos empezar pola nosa propia casa. Nos fogares gástase o 20% da enerxía consumida en España. Para elo é moi aconsellable: Desenchufa os aparatos eléctricos que non esteas empregando. Dúchate en vez de bañarte. Emprega a luz natural sempre que poidas, no caso que non sexa posible ilumina so a parte necesaria e emprega lámpadas de baixo consumo. Evita abrir ventás cando estean funcionando a calefacción ou o aire acondicionado.
Actualmente estanse construíndo casas que precisan menos enerxía, ben illadas e que empregan enerxías renovables como a solar e a eólica. Estas casas teñen o nome de casas sustentables.Ao igual que as nosas casas tamén o noso planeta precisa a nosa atención. Realizar accións que reduzan o gasto enerxético é o que nos levará a un desenvolvemento sustentable onde respectando o medio ambiente mantemos o noso benestar ao mesmo tempo que se garante o das xeracións futuras.