5.- Problemas do uso da enerxía.
O desenvolvemento da humanidade sempre foi ligado ao dominio da enerxía. Na actualidade a maior parte da enerxía que consumimos é eléctrica. Esta enerxía prodúcese en centrais hidroeléctricas, térmicas ou nucleares. A obtención desta enerxía produce impactos ambientais e o esgotamento de recursos.
➀ Impactos ambientais: Afectan a todas as capas da Terra. Hidrosfera: os afundimentos de barcos petroleiros, a modificación das cuncas dos ríos para a construción de encoros ou os vertidos tóxicos a ríos e mares son so un exemplo. Biosfera: os seres vivos tamén se ven afectados, os peixes ao atoparse cun encoro, as aves cos aeroxeneradores... Atmosfera: as emisións de gases das centrais térmicas xeran nubes de substancias nocivas que acaban provocando a chuvia ácida. Xeosfera: por exemplo as minas, que modifican e contaminan a paisaxe. ➁ Esgotamento dos recursos: A continua xeración de enerxía fai que recursos como o petróleo ou o carbón terminen por esgotarse.