Fontes renovables: Existen fenómenos naturais dos que podemos obter enerxía, estes fenómenos producíronse sempre na Terra polo que podemos dicir que son inesgotables e, moi importante, o seu emprego non produce contaminación.

O Sol, proporciónanos enerxía solar, como seres vivos, aproveitamos esta enerxía pero tamén nos podemos valer desta enerxía calorífica, mediante o emprego de placas solares, para outros usos como calefaccións, auga quente ou a obtención de electricidade.

O vento e o movemento de masas de aire que se produce na atmosfera, de este movemento obtemos enerxía eólica, antigamente empregábase para mover noras e as aspas dos muíños de vento, hoxe en día a súa enerxía, aprovéitase nos aeroxeneradores das centrais eólicas.

A auga en movemento posúe tamén unha gran enerxía, así antigamente empregábase para mover o rodicio dos muíños, hoxe en día, nas centrais hidroeléctricas conséguese enerxía eléctrica facendo que a caída da auga dende unha gran altura mova as turbinas que xeran a electricidade, enerxía hidráulica, menos desenvolvida está a enerxía das mareas ou as ondas do mar da que se consegue a enerxía mareomotriz.

Existen outras fontes que se atopan en fase de estudo, como o aproveitamento do calor interno da terra (enerxía xeotérmica) ou a enerxía que se podería obter da materia orgánica (biomasa).

A

L

C