4.- Fontes de enerxía.


As persoas aproveitámonos de certos fenómenos naturais para obter enerxía. Dise que o Sol é a principal fonte de enerxía, sobre todo se nos centramos nos seres vivos, lembra que as plantas son quen de aproveitar directamente a enerxía do Sol, nos mesmos necesitamos a súa luz para medrar.

Dentro dos distintos tipos de fontes de enerxía podemos falar de dous grandes tipos: renovables e non renovables.
 ➀ Fontes non renovables: Encadramos neste grupo aquelas fontes que se poden esgotar xa que existen en cantidades que, a pesar de ser elevadas, pódense acabar, fundamentalmente polo elevado do seu consumo. O carbón, o petróleo e o gas natural son fontes de enerxía moi empregadas na actualidade e que, de seguir coa mesma intensidade no seu consumo acabarán por desaparecer.

Carbón, petróleo e gas natural son substancias que proporcionan unha gran enerxía ó seren queimadas, as tres formáronse a partir de seres vivos que quedaron enterrados hai millóns de anos. O carbón, provinte, principalmente de restos de bosques enterrados hai millóns de anos, de gran poder calorífico, empregouse para cociñar e as calefaccións, tivo o seu maior auxe coas locomotoras e barcos de vapor, hoxe emprégase nalgunhas centrais térmicas para a obtención de electricidade. Atópase no subsolo polo que para a súa extracción precísase da construción de minas.

A

L

C