3.- Propiedades da enerxía.


 ➀ Non ten masa nin ocupa lugar. So vemos os efectos que provoca nos corpos.

 ➁ A enerxía pode pasar duns corpos a outros. Cando golpeamos un cravo cun martelo damos a este último unha enerxía cinética, esta enerxía cinética pasa ao cravo afundíndose na madeira.

 ➂ Pode transportarse. A enerxía eléctrica lévase dende as centrais que a producen ata as nosas casas mediante cables.

 ➃ Pode almacenarse. Un gran exemplo son as pilas e baterías que almacenan enerxía eléctrica.

 ➄ Transfórmase. É dicir, cambia dun tipo a outro. A enerxía química da gasolina convértese en enerxía calorífica que a súa vez se converte en mecánica movendo o coche. A enerxía nuclear da materia que hai no Sol transfórmase en enerxía térmica e luminosa.

A

L

C