2.- Tipos de enerxía.


A enerxía pódese atopar baixo diversas formas, as máis comúns:

 ➀ Enerxía calorífica, tamén chamada térmica, preséntase en forma de calor como a que desprende unha estufa, unha vela ou o sol. Relacionada coa temperatura, canto máis quente estea un corpo maior é a súa enerxía térmica.
 ➁ Enerxía luminosa: a luz do sol ou dunha lámpada.
 ➂ Enerxía mecánica ou cinética: preséntase sempre en forma de movemento, canto máis a presa se mova un corpo maior é a súa enerxía cinética, a forza do vento ten enerxía mecánica xa que é quen de mover un barco ou un muíño.
 ➃ Enerxía química: por exemplo nas pilas, as reaccións químicas que se producen no seu interior permiten obter electricidade; na dixestión dos alimentos, certos cambios químicos que se producen nos alimentos aportan enerxía ós nosos músculos.
 ➄Enerxía eléctrica: a que proporciona a corrente eléctrica, na natureza podemos observala nos raios os días de treboada.
 ➅Enerxía nuclear: provinte de forzar a ruptura de núcleo dos átomos, normalmente de uranio.
Por último lembra que a enerxía pódese transformar noutra forma de enerxía, por exemplo, ao prender a luz a enerxía eléctrica convértese en luminosa na bombilla.

A

L

C