Cantigas de Santa María.
O pai, cando isto oíu,
tanto rabeou,
que dos seus cabais saíu;
e entón ao seu fillo colleu,
e cando arder o forno viu
meteuno dentro e pechou
o forno, e moi mal pecou
como traidor cruel.
A nai do que librou...
Raquel, a súa nai, que moi ben
ao seu fi llo quería,
reparando en nada máis
que en que no forno lle ardía,
grandes berros por isto deu
e á rúa saíu;
e a xente veu
ao socorro de Raquel.
A nai do que librou...
En canto souberon de certo
por qué ela xemía,
foron de seguida o forno abrir
en que o mozo xacía,
ao que a Virxe quixo acudir
como protexera a Ananías
Deus, o seu fi llo, e tamén
a Azarías e a Misael.
A nai do que librou...
Ao mozo axiña de alí
sacaron con alegría,
e preguntáronlle, así,
se dalgún mal se doía.
Dixo el: “Non, que eu cubrín
o que a dona cubría,
que sobre o altar vin
co seu fillo, fermoso doncel”.
A nai do que librou...
Por este milagre tal,
de seguido a xudía creu,
e o meniño sen máis
o bautismo recibiu;
e ao pai, que o mal
fi xera pola súa tolería,
déronlle entón morte cabal
como quixo el dar ao seu fillo Abel.
A nai do que librou...