Cantigas de Santa María.


Esta é de como Santa María salvou o fi llo do xudeu para que non ardese, porque o seu pai o botara ao forno.

A nai do que librou
dos leóns a Daniel,
esa do lume gardou
un meniño de Israel.

En Bourges un xudeu
había que facer sabía
vidro e un fi llo seu
-que el máis non tiña,
polo que entendín eu-
entre os cristiáns lía
na escola; e isto non gustaba
ao seu pai Samuel.
A nai do que librou...

O meniño o mellor
leu que ler podía,
e de aprender gran sabor
tiña de canto oía;
e por isto tal amizade
con eses nenos collía,
cos que era escolar,
que ía na súa cuadrilla.
A nai do que librou...

Por isto quérovos contar
o que lle pasou un día
de Pascua, que foi entrar
na igrexa, onde vía
ao abade diante do altar,
que dándolles aos mozos ía
hostias para comulgar
e viño nun cáliz fermoso.
A nai do que librou...

O xudeíño pracer
tivo, que lle parecía
que hostias para comer
lles daba Santa María,
á que vía resplandecer
no altar onde permanecía,
e nos brazos ter
ao seu fi llo Emmanuel.
A nai do que librou...

Cando o mozo esta visión
viu, tanto lle pracía,
que por tomar a súa ración
entre os outros se metía.
Santa María entón
a man lle tendía,
e deulle tal comuñón
que foi máis doce có mel.
A nai do que librou..

Despois de que a comuñón tomou,
deseguido de alí saía,
e na casa do seu pai entrou
como facer adoitaba;
e el lle preguntou
qué fi xera. El respondía:
“A dona que baixo o capitel
vin, me comulgou”.
A nai do que librou...

.

C