As preposicións.
Son palabras que relacionan palabras ou grupos de palabras dentro dunha oración de tal forma que uhna delas complementa á outra. As máis usuais son: a, agás, ante, ata, baixo, cabo, canda, con , contra, de, deica, dende, durante, en , entre, onda, para, por, salvo, segundo, sen, so, sobre, tras, xunta.Aínda que hai outras como maila, perante, ou vía (pasando por). Son palabras invariables, non teñen xénero, número nin persoa e, aínda que non teñen un significado concreto, adoitan dar unha idea do tipo de relación que se establece entre as dúas palabras que une. Hai casos nos que grupos de dous ou máis palabras fan a función dunha proposición, a este grupo chamámoslle locución preposicional. Por exemplo: debaixo de, detrás de, enfronte de, a favor de, no medio de, en contra de, a través de, encima de, de acordo con, rumbo a, camiño de, a forza de, xunto con, no canto de, por diante de, xunto a, antes de, lonxe de, a falta de, por mor de ...