A mitoloxía.


Os mitos son relatos sobre seres sobrenaturais, como deuses, semideuses ou monstros, ou extraordinarios como os heroes.

Non teñen unha localización na historia nin no tempo e neles soe unirse o relixioso e o máxico para explicar fenómenos da natureza ou das orixes dos pobos, a humanidade, unha nación...

Ao conxunto de mitos chamámoslle mitoloxías, cada cultura acostuma a ter a súa, por exemplo a nórdica, a romana, a grega, a azteca ou a maia. Os mitos, ao igual que as lendas, transmitíronse de xeito oral

Son mitos: “A caixa de Pandora”, “As sereas”, “A illa das Amazonas”, “Hércules” ou “A lenda de Pegaso”.