6.- Os cambios na materia.
A materia está sometida a cambios constantemente, estes cambios poden ser físicos ou químicos. ➀ Cambios físicos: nestes cambios a composición da materia segue sendo a mesma. Estes cambios poden ser reversibles ou irreversibles. Reversibles: cando a materia recupera o seu estado orixinal ao cesar a acción que provoca o cambio. Por exemplo, cando tiramos dun resorte ou cando aplicamos calor a un corpo co que pode aumentar de tamaño, a este proceso chamámoslle dilatación, cando o deixamos arrefriar volve ao seu tamaño normal, a este proceso chamámoslle contracción. Irreversibles: neste caso a materia non recupera o seu estado orixinal ao cesar a acción. Por exemplo, cando dobramos un arame.