4.- Métodos de separación de mesturas.


Nas mesturas heteroxéneas:

     Filtración: faise para separar sólidos de líquidos. Faise pasar a mestura a través dun filtro que retén ao sólido e deixa pasar ao líquido.
     Decantación: emprégase para mesturas formadas por substancias con distintas densidades. Déixase repousar a mestura e a substancia máis densa vai para o fondo.
     Separación magnética: emprégase cando unha das substancias é de ferro, emprégase un imán que atrae aos elementos que son de ferro.

Nas mesturas homoxéneas:

     Evaporación: cando un sólido está disolto nun líquido evapórase a parte líquida. É o método empregado nas salinas para obter sal da auga do mar.
     Destilación: cando a mestura está composta por líquidos que teñen distinto punto de ebulición, quéntase a mestura ata que o líquido que ten o punto de ebulición máis baixo empeza a evaporarse, recóllese o vapor dese líquido nun tubo onde se arrefría para que se converta novamente en líquido.

A

L

C