3.- Substancias puras e mesturas.
➀ Substancias puras: Son aquelas que están formadas por un único tipo de materia e que non se poden separar noutras substancias por métodos sinxelos. Por exemplo a auga, os plásticos, o ferro, os minerais, etc. Teñen propiedades específicas que as caracterizan como a densidade.
➁ Mesturas: están formadas por dúas ou máis substancias. As súas propiedades varían en función das cantidades presentes de cada substancia que as compón.Existen dous tipos de mesturas, as heteroxéneas e as homoxéneas ou disolucións. Heteroxéneas: son misturas nas que é posible distinguir, a simple vista, os seus compoñentes, por exemplo unha sopa ou o granito. Homoxéneas ou disolucións: non se distinguen os compoñentes a simple vista como na auga do mar, o aire, o bronce que, como xa sabes, é unha aliaxe de cobre e estaño ou o aceiro, unha alixe tamén de ferro e carbono.