A dureza: nos corpos sólidos mide a resistencia a ser raiados. A elasticidade: é a capacidade para recuperar a forma inicial despois de aplicarlles unha deformación. Temperaturas de fusión e ebulición: son as temperaturas ás que o corpo cambia de solído á líquido (fusión) ou de líquido a gas (ebulición). Por exemplo, o francio, o cesio ou o galio son metais cuxa temperatura de fusión está entorno aos 30 grados, é dicir, que nun día de calor estes “metais” poderían estar “derretidos”. Pola contra, outros, como o ferro (1535 ºC) teñen esa temperatura moi alta.