➁Propiedades específicas: permítennos diferenciar unha substancia doutra; por exemplo: a densidade, a dureza, a elasticidade ou as temperaturas de fusión e ebulición. A densidade: é a propiedade que relaciona a masa dun obxecto e o seu volume. Para calculala emprégase esta fórmula.
1 cm3 é a cantidade de materia que ocupa un cubo cuxo lado mide 1 cmA densidade exprésase en kg/m3 ou en g/cm3, así se sabemos que a densidade da auga é de 1 g/cm3 estanos dicindo que 1 cm3 de auga pesa 1 g, a densidade do mercurio é de 14 g/cm3, neste caso 1 cm3 de mercurio pesaría 14 g. Ou dito doutro xeito 1 cm3 de mercurio pesa 14 veces máis que 1 cm3 de auga pesa a ter os dous, auga e mercurio, o mesmo tamaño.
Esta propiedade emprégase para identificar substancias e saber se estas son puras ou non xa que a mesma substancia ten sempre a mesma densidade.