Cerámicos: obtéñense da trituración de minerais e a súa mestura con outras substancias. Son exemplo o cemento, o vidro ou a porcelana. Soportan moi ben as altas temperaturas e non conducen a electricidade (illantes). Aínda que son moi duros, xa que é difícil o raialos, son tamén moi fráxiles debido a que rompen moi facilmente.

Polímeros: están formados por cadeas microscópicas chamadas monómeros formando longas cadeas. Hainos naturais como o algodón, a celulosa ou o amidón e sintéticos como o nailon e diversos tipos de plásticos. Soen ser bos illantes tanto da calor como da electricidade.

A ciencia e a industria investigan constantemente en novos materiais para distintas funcións. Un dos que está collendo moita importancia é o grafeno, un material artificial que conduce moi ben a calor e a electricidade e que destaca por ser flexible e de pouco peso pero moi duro e resistente. Está presente en ordenadores, pantallas táctiles e moitos aparellos electrónicos.

A

L