7.- Clasificación dos materiais.


Os materiais son a materia que se emprega para fabricar obxectos. Podemos clasificalos en dous grandes grupos: naturais e artificiais.

Naturais: obtéñense de seres vivos ou de rochas como a la, o algodón, o granito, o carbón ou a madeira. Empréganse sen alterar a súa composición.

Artificiais: creado a partir dos naturais alterando a súa composición como o papel, o cemento ou o vidro.
As moedas están feitas dunha aliaxe de cobre e niquel.

Existen tres grandes tipos: metais, cerámicos ou polímeros.

Metais: son de orixe mineral como o ferro, o aluminio, o cobre, a prata ou o ouro. Conducen moi ben tanto a electricidade como a calor. Presentan unha gran resistencia ante golpes e son sólidos (agás o mercurio) e moi densos aínda que se lles poden moldear (maleables) polo que se empregan para facer ferramentas e en construcións. Algúns son moi apreciados en xoiaría polo seu brillo característico. Acostúmase a mesturalos con outros metais formando as aliaxes.

A

L

C