Cambios químicos: tamén chamados reaccións químicas fan que a materia sofra un cambio na súa composición. É dicir as substancias transfórmanse noutras diferentes. Por exemplo, cando queimamos madeira, esta convértese en cinza e fume; se deixamos un ferro á intemperie vaise transformando en óxido de ferro.


As principais reaccións químicas son a fermentación, a oxidación e a combustión.

     A fermentación: é o cambio polo que obtemos alimentos como o pan ou o iogur, neste proceso uns microorganismos (bacterias ou fermentos) transforman a materia.

     Oxidación: prodúcese cando unha substancia combínase co osíxeno. A substancia que se orixina chámase óxido. Non so o ferro se oxida, algunhas froitas coma a mazá ou o aguacate tamén se oxidan.

     Combustión: é un tipo especial de oxidación que ocorre moi rapidamente e na que se desprende moita enerxía en forma de calor e luz. Para que se produza a combustión precísase de osíxeno e nelas soe producirse dióxido de carbono. As substancias que poden sufrir a combustión chámanse combustibles.

A

L

C