Todos os obxectos que hai ao noso redor, unha mesa, unha rocha, un can... son corpos. Estes corpos están formados por materia. Existen moitos tipos de materia, a cada tipo chámaselle substancia. Por exemplo un coitelo e un parafuso son dous corpos distintos pero que están fabricados pola mesma substancia, o aceiro. Un anel pode estar feito, entre outras substancias, de ouro ou de prata.
A súa vez as substancias están formadas pola combinación dunhas partículas pequenísimas chamadas átomos. Existen pouco máis de cen tipos distintos de átomos que podes ver na chamada “Táboa Periódica”. Así, por exemplo a auga é a combinación do hidróxeno e o osíxeno, concretamente xúntanse dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno, por iso a súa fórmula é H2O, o sal que lle votamos á comida é a unión do sodio e do cloro, a súa fórmula é NaCl.
L
O
O
C