6.- A conquista romana en Galicia.


1.- Muralla de Lugo. 2.- Torre de Hércules (A Coruña). 3.- Ponte Sampaio (Pontevedra) 4.- Aquis Querquennis (Bande - Ourense)
Cando os romanos chegaron a Galicia, atraídos pola súa riqueza en ouro, estaño e ferro, atopáronse cos
galaicos, un pobo celta que habitaba os máis de cinco mil castros que había entón. Os galaicos eran sedentarios e a súa sociedade estaba organizada entorno á familia, ao castro e finalmente ao populum que agrupaba a varios castros.

Despois de varias guerras, no 60 a.C a que logo se chamou provincia de Gallaecia, incorporouse ao imperio romano.

A actual cidade de Lugo, Lucus Augusti para os romanos, e Betanzos (Brigantium) foron dúas das cidades máis importantes, de feito Lugo aínda conserva as súas murallas así como termas e mosaicos. Estas dúas cidades estaban enlazadas por camiños de pedra chamadas calzadas. Estas calzadas comunicaban tamén outros lugares como a via XVIII ou Vía Nova que unía Trives con Braga.

Para atravesar os ríos construíron diversas pontes como a de Lugo ou a de Caldas e para guiar ás embarcacións faros como o da Torre de Hércules, do que se di que é o faro máis antigo do mundo que segue en funcionamento.

A

L