1.- Acueducto de Segovia. 2.- Teatro de Mérida. 3.- Ponte de Alcántara. 4.- Mosaico de Ampurias.
Pouco a pouco iberos e celtas foron adoptando costumes romanas, a este proceso chámaselle
romanización, esta romanización empezou cos lexionarios romanos que se estableceron nos poboados e os converteron en cidades romanas. Estas cidades estaban organizadas arredor de dúas rúas, o cardo, que atravesaba a cidade de norte a sur e o decumanus que o facía de oeste a leste. No cruce de ambas estaba a praza, chamada foro, na que se atopaban os principais edificios. Eran excelentes construtores e fixeron templos, anfiteatros, teatros, circos, termas, acueductos e calzadas e pontes para a comunicación entre as cidades e Roma.

Acostumaban a decorar os muros con pinturas e mosaicos creados con pequenas pedras ou cristais de cores.

A

L

G

C