5.- A organización e sociedade da Hispania romana.
Os romanos dividiron a Hispania en provincias á fronte das cales había un gobernador quen se encargaba de manter o orden e recadar os impostos. Ao principio estableceron dúas provincias pero, co paso no tempo, no século III d.C., o número aumentou ata cinco: Bética, Lusitania, Tarraconense, Gallaecia e Cartaxinense.Implantaron a súa lingua, o latín, en todo o territorio, desaparecendo todas as linguas que se falaban agás o éuscaro. As súas leis, coñecidas como dereito romano foron a base de moitas leis que aínda temos hoxe.En canto á relixión, adorábase aos deuses romanos, pero, a partir do 380 o cristianismo converteuse na relixión oficial de todo o Imperio Romano. Na sociedade había dous tipos de persoas, as libres e as escravas. As persoas libres tiñan todos os dereitos; podían ser parte do goberno, votar ou ser propietarios de terras. Dentro das persoas libres estaban comerciantes, propietarios de grandes extensións de terras, artesáns e labregos. As persoas escravas eran propiedade doutra persoa e non tiñan nengún dereito; traballaban no campo, minas, servizo doméstico, etc. As mulleres, libres ou escravas, non tiñan os mesmos dereitos que os homes.