3.- Os pobos colonizadores.


No val do Guadalquivir existía un reino chamado Tartessos cuxo territorio era moi rico en ouro, prata e cobre. Os fenicios, que eran grandes comerciantes, coñecedores desta riqueza chegaron dende Asia, sobre o século VII a.C., e asentáronse na costa andaluza fundando colonias como Gadir (Cádiz) ou Malaka (Málaga). Dende elas comerciaban cos pobos iberos.

No século VI a.C. os gregos chegaron á costa mediterránea onde vendían a cerámica que fabricaban e mercaban sal, esparto e metais. Estableceron tamén varias colonias como Emporion (Ampurias) ou Sagunto.

Xa no século III a.C. chegaron, procedentes do norte de África, os cartaxineses que se instalaron nas Illas Baleares e no leste da península fundando Cartago Nova (Cartaxena). Aínda que comerciaban con metais e tecidos a súa intención era conquistar novos territorios para aumentar o seu poder no Mediterráneo, cousa que non lle permitiron os romanos cos que se enfrontaron e que os expulsaron da península.

A

L

C