2.- Os iberos e os celtas.


Ao inicio da Idade Antiga a península ibérica estaba habitada por dou grupos de pobos organizados en tribos e que vivían en poboados amurallados, os iberos e os celtas.

Os iberos estendíanse polo sur e o leste, estaban organizados en tribos, moitas gobernadas por un rei. As súas casas eran rectangulares e distribuíanse facendo rúas. Coñecían a escritura e adicábanse á agricultura, á gandaría e á artesanía. O seu contacto con pobos colonizadores como os fenicios, gregos ou cartaxineses fixo que se desenvolvese nesta zona un comercio moi activo chegando a empregar unha moeda propia.

Os celtas ocupaban o centro peninsular e a costa atlántica e cantábrica. Vivían en casas circulares distribuídas desordenadamente en lugares elevados e rodeadas dunha muralla formando os castros. Vivían en tribos e abastecíanse do que eles producían, polo que apenas había comercio, adicábanse fundamentalmente á gandaría aínda que tamén cultivaban cereais. Eran expertos na fabricación de obxectos de metal.

A

L

C