1.- As partes da historia. A Idade Antiga.
Como acabamos de ver a Prehistoria remata, hai uns 3000 anos, coa aparición dos primeiros escritos, feito que marca o inicio do que coñecemos como historia. A súa primeira parte é a chamada Idade Antiga que vai dende a fin da Prehistoria ata a caída do Imperio Romano no ano 476 d.C. (século V). Nesta época houbo grandes civilizacións como a grega, a exipcia, a mesopotámica ou a romana.