Se condición entón acción. Agora vamos a coñecer outros bloques que executan un código unicamente cando se cumpre unha determinada condición.
No noso caso comprobará se existe camiño á fronte, á dereita ou á esquerda, en caso afirmativo realizaranse as ordes do seu interior.
Fíxate que estes bloques, a diferencia dos bucles que xa coñecemos, so executan o código do seu interior unha soa vez. Empregaremos tamén unha variante deste mesmo bloque que, como ves na imaxe, comproba se hai camiño e en caso afirmativo executaríase o código que está o oco de “facer” pero se non hai camiño executaríase o código que coloquemos dentro do oco de “se non”.
Fíxate que estes bloques (igual que os dos bucles) poden albergar a súa vez outro (ou outros) bloques no seu interior.