4.- O traballo final
Cada grupo encargarase de buscar e preparar debuxos, imaxes e rótulos que vaian a ser empregados na súa parte do vídeo. Xunto a este material deberán de confeccionar un guión con xeito de táboa no que, na súa primeira columna, se detalle o texto que se vai a oír no vídeo e na segunda aparezan os elementos que van a intervir en cada momento.

Unha vez elaborado o material e feito o guión procederedes a facer as primeiras versións da vosa parte do vídeo, tede en conta que é recomendable que a vosa parte non supere os tres minutos de vídeo.

Cando todos os grupos teñan rematado o seu vídeo xuntarédelos para obter o traballo final.