3.- A procura
Neste caso os principais datos de cada un dos apartados xa os tedes na propia unidade pero é moi recomendable que intentedes buscar algunha información máis que puidese ser de valor, lembrade que esa información está referida exclusivamente á península ibérica.

Poderás empregar internet, libros de consulta, enciclopedias ou calquera recurso do que poidas extraer a información, esa información debe de ser breve, concisa e moi clara. Se podes, contrasta que noutros lugares, outras páxinas de internet, unha enciclopedia, etc aparece a mesma información.