1.- Introdución
Como xa sabes, ao longo da Idade Antiga a península ibérica foi habitada e visitada por numerosos pobos aos que debemos gran parte da nosa cultura.Agora que coñecemos algo máis destes pobos, neste traballo colectivo vamos a realizar un vídeo, de pouca duración sobre esta época da historia, facendo especial fincapé en cada un de eses pobos, os lugares que ocuparon, o seu xeito de vida, o que aportaron e os vestixios que nos deixaron.Como exemplo do que queremos conseguir podedes ollar este ou este vídeo.