Bibliografías e webgrafías.


Cando se crea un texto ou se fai un determinado traballo consultando distintos libros, ao final do noso traballo debemos de por unha relación dos libros que empregamos e consultamos. A isto chamámoslle bibliografía. Normalmente para cada libro debemos de indicar:

1.- Apelidos e nome da autora ou autor separados por unha coma.
2.- O título completo do libro. Soe escribirse en cursiva ou suliñado.
3.- A cidade onde se editou o libro.
4.- O ano de edición.

Se o que consultamos son recursos electrónicos como páxinas e sitios web, blogs ou portais de Internet debemos de facer o mesmo, facer unha relación daqueles lugares dos que obtivemos a información. A isto chámaselle webgrafía. Neste caso soen indicarse os seguintes puntos:

1.- Apelidos e nome da autora ou autor, se é coñecido, xa que en moitas páxinas web este dato non sempre soe amosarse.
2.- Nome do artigo ou apartado.
3.- Dominio no que está. Por exemplo “wikipedia.es”, “nome.blog.gal”...
4.- Ligazón a esa páxina, blog... tamén coñecida como URL.

Dado que as páxinas web soen cambiarse ou ser modificadas, é normal tamén facer constar a data na que se fixo a consulta.