6.- O diagnóstico e tratamento de enfermidades.


Cando vamos ao médico, este, despois de escoitarnos, busca aqueles datos que podan identificar cal é a nosa doenza e que parte do noso organismo é o afectado. A este proceso chamámoslle diagnóstico.

Para elaborar ese diagnóstico a médica ou o médico estuda os síntomas que presenta o paciente como poden ser a febre, o pulso, a respiración, a cor de pel ou a dos ollos... Por exemplo, a varicela sempre está acompañada de febre, fatiga, dor de cabeza, falta de apetito e unhas manchas vermellas que se converten en vinchocas cun intenso proído; todo isto constitúen os síntomas.

Ás veces, os síntomas non son suficientes para identificar á enfermidade polo que recórrese á realización de análises xa que algunhas enfermidades producen variacións nos elementos que compoñen o sangue ou os ouriños. Pódense facer análises de sangue, ouriños, feces ou de mostras tomadas do interior do corpo (tecidos).

Cando síntomas e análises indican cal é a enfermidade o médico sinala cales son as medidas a tomar para curar ou aliviar ao doente. É o que se chama o tratamento. Neste pódense incluír medicamentos como os antibióticos, que eliminan infeccións por baceterias; os analxésicos, para o alivio da dor; ou os antipiréticos, para a redución da febre. Outras veces os medicamentos non son suficientes e débese de empregar a cirurxía, por exemplo para eliminar partes danadas do corpo, corrixir malformacións, transplantar órganos...

A

L