5.- Factores que inflúen na saúde.
A nosa saúde está condicionada por factores como:
➀ O estilo de vida: unha vida sedentaria, sen apenas exercicio físico causa, despois dun tempo diversas enfermidade como as relacionadas coa circulación e o corazón. Un ritmo de vida acelerado, sometido a un estrés continúo ou un exceso de traballo pode levar a sufrir depresións e ansiedades. ➁ A alimentación: se o noso corpo non recibe todos os alimentos necesarios na súa xusta cantidade pode producir problemas de obesidade polo que o seguir unha dieta equilibrada na que haxa un consumo moderado de carne, peixe, produtos lácteos e ovos xunto con abundancia de alimentos vexetais poden evitar no futuro enfermidades. ➂ O descanso e o sono: cando durmimos repomos enerxía, o cerebro fixa o aprendido e o noso corpo repara partes do noso corpo. É aconsellable durmir entre 8 e 10 horas ao día.