Radiografía de man con polidactilia.➄Conxénitas: son aquelas coas que unha nena ou neno nace, ben sexa por herdada dos seus proxenitores ou adquirida durante os primeiros meses do desenvolvemento do feto. Son exemplos de enfermidades conxénitas a hemofilia, que provoca que o sangue teña dificultades para pechar as feridas, a sindactilia e a polidactilia, na primeira dous o máis dedos nacen “pegados” e na segunda hai a presenza de máis de cinco dedos, ou o síndrome de Down.
➅Enfermidades do sistema nervioso: hai enfermidades como a escleroses lateral amiotrófica (máis coñecida por ELA), na que os músculos deixan de recibir ordes do cerebro e terminan atrofiándose; ou a epilepsia, onde o doente sofre convulsións, perda da conciencia e descontrol de músculos e vísceras. Outras enfermidades son as relacionadas co estado de ánimo como a depresión, na que a persoa experimenta unha tristura, desganas e desfalecemento constante, ou a ansiedade, caracterizada por un estado de nervioso constante. Estas enfermidades están relacionadas con situacións complicadas na vida da persoa que as padece e, nalgúns casos, coas drogas.
➆Alerxias: prodúcense por unha reacción das nosas defensas ante substancias que, a maior parte das persoas, non lles afectan. As substancias que soen causar alerxias son o pole, os ácaros do po, as esporas dos mofos, algúns alimentos como o ovo ou o leite, as picaduras de insectos ou determinadas medicinas.
➇Enfermidades do aparello respiratorio: como a asma que é unha enfermidade inflamatoria das vías respiratorias; caracterízase por unha dificultade na respiración e unha sensación de falta de aire.