4.- Algunhas enfermidades non infecciosas.


Os traumatismos: a maior parte destas enfermidades son producidos por accidentes, como as fracturas, luxacións ou escordaduras, outras poden ser debidas a sobreesforzos ou a unha mala postura como as contracturas.

Enfermidades cardiovasculares: están relacionadas con aparello circulatorio, como as obstrucións de veas e arterias ou trombose; e as cardiopatías nas que é o corazón o que non funciona correctamente.

Enfermidades nutricionais: prodúcense por unha mala alimentación como a obesidade ou por unha alimentación escasa nalgúns tipos de nutrientes.

O cancro: o crecemento anormal e descontrolado das células do noso corpo produce tumores e o cancro. Este comportamento das células pode ser debido a un mal funcionamento das células, a radiacións ou ao contacto con produtos tóxicos.

A

L

C