3.- As enfermidades infecciosas.


Hai dous tipos destas enfermidades:
A varicela é unha enfermidade causada por un virus e preséntase en nenos e nenas de entre un e nove anos.

As contaxiosas: transmítense dunha persoa infectada a outra, isto pode ocorrer pola tose e os esbirros, o contacto... Son enfermidades contaxiosas a varicela, a gripe, o arrefriado ou o sarampelo. Normalmente teñen unha curta duración e soen desaparecer.

As non contaxiosas: non se transmiten dunha persoa a outra como a artrose, o cancro ou o tétano.

Podemos padecer estas enfermidades en casos como cando tomamos alimentos en mal estado ou cando temos unha ferida e non a limpamos cun antiséptico.

Para evitalas debes de:
Lavar ben as mans despois de ir ao baño, antes de comer ou se xogaches coa terra ou cun animal.
Antes de comer calquera tipo de froita ou verdura lávaos ben.
Non comas alimentos mal conservados ou caducados.

A

L

C